«Mártires de Valdeorras», nome proposto para unha rúa na Coruña

Publicidad

Hoxe houbo un roteiro na cidade no que se reivindicou o cambio de nomes de catro rúas no que participó o edil do BNG do Barco

Convocado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e coa colaboración da Asociación Veciñal da Agra do Orzán e a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, tivo lugar esta mañá na Coruña un roteiro no que se simulou o cambio de nomes a catro rúas que homenaxeaban a catro alcaldes franquistas.

O roteiro foi un acto simbólico da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña para propoñer ao Concello da Coruña que cambie os nomes de alcaldes franquistas, un deles o Alcalde Peñamaría de Llano que, estiman os organizadores, ben podería ser sustituido por Mártires de Valdeorras, como reparación ás vítimas da represión fascista nesta comarca pola bandeira da lexión, comandada polo tenente Peñamaria.

No acto inerterviu Jesús Vilasánchez, concelleiro do BNG do Barco, quen participou para falar de Peñamaría de LLano e as súas andanzas por Valdeorras.

Publicidad

Despois, pegouse un cartaz, co nome de rúa Mártires de Valdeorras na rúa Alcalde Peñamaría de Llano.

Foi so un roteiro reivindicativo.