María González Albert: «Amo A Rúa, quero que teña futuro»

Publicidad

A candidata do BNG a alcaldía da Rúa celebrou o seu mitin central presentando o seu programa

María González Albert, candidata do BNG a alcaldía da Rúa, celebrou o seu mitin central no Centro Cultural Avenida nun acto no que estiveron parlamentarias nacionalistas como Carmen Aira e Rosana Pérez e da eurodeputada Ana Miranda.

Albert dixo que ama A Rúa, que calificou de «lugar máxico». Falou de que se criou neste municipio e lembrou que foi a primeira muller alcaldesa de esta terra. «Quero que A Rúa teña o mellor futuro posible para os nosos fillos. Temos que recuperar ademais o orgullo de ser da Rúa», sinalou.

Falou do seu proxecto, que pasa pola reactivación económica e dos servizos, sendo prioritaria “a auga, a renovación do abastecemento”; pola aposta de impulsar o sector vitivinícola e por unha Rúa democrática, aberta a participación de veciños e veciñas. Ademais se comprometeu a facer programas para a mocidade e os maiores.

Publicidad

Rexeitou a xestión municipal do actual grupo de goberno, sinalando subirá taxas e impostos o próximo ano despois de verse obrigado a pedir un crédito porque «foi un dos concellos de Galiza que non pagaba aos proveedores».

Expresou que entraron nas arcas municipais moitos cartos dos que non se deu conta de onde foron invertidos e dixo que si goberna explicará a veciñanza a situación económica do Concello. E reseñou que tivo que recurrir ao Valedor do Pobo porque durante o mandato actual non se lle proporcionou ao BNG a documentación obrigada por lei dos asuntos municipais.

Tamén sinalou que o centro do saúde non é un logro do PP senón da cidadanía, que no seu día saiu as rúas para reclamalo.

María González Albert lamentou a situación das piscinas municipais que, estando a 21 de maio, o seu concurso para xestionalas quedou deserto comprometéndose a prestar un bo servizo se chega a gobernar.

Finalmente, presentou a súa candidatura, integrada por 22 personas, destacando a renovación e compromiso da mesma.