María Albert: “A miña candidatura polo BNG vai ser a mellor para unha nova Rúa»

Publicidad

A portavoz nacionalista Ana Pontón presentou a candidata na Rúa para as vindeiras eleccións municipais de 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na Rúa na presentación da candidata á Alcaldía, María González Albert, da que dixo será a próxima alcaldesa tras as eleccións de maio de 2023 porque é a persoa capaz de reconducir o concello á senda do progreso e do avance, desde a eficacia na xestión, a transparencia e desde o diálogo coa veciñanza.

A candidata a alcaldía, María González Albert, dixo que «teño a inmensa honra de encabezar unha candidatura que, como sempre, vai ser a mellor de todas as que se presenten na Rúa porque vai ser unha candidatura solvente, que vai representar as distintas sensibilidades, e distintas sensibilidades; que vai aunar experiencia e renovación e que vai ter como nexo de unión a vontade de alcanzar unha Rúa moito mellor, que non vai estar condicionada por personalismos, nin liortas internas nin pelexas de egos e que terá un obxectivo único: Mellorar A Rúa e sacala deste letargo no que levamos tres anos e medio».

María González Albert dixo que presentará un programa moi completo e ambicioso para dinamizar A Rúa. Falou do Concello da Rúa, calificando de ambiente «case irrespirable do enfrontamento, medo e persecución de toda aquela persoa que se atreva a alzar a voz” e do que estima unha supresión de traballadores públicos en servizos básicos como a brigada de obras, biblioteca ou limpeza.

Publicidad

Ffixo alusión a «incapacidade de xestión do goberno local, que leva recibido moitísimos cartos da Deputación e da Xunta» sin que «se vexan por ningunha parte», alusión a que non revertiron no dinamismo do concello.

Albert felicitó aos cidadáns pola defensa da sanidade e dun novo centro de saúde, un proxecto que «foi posible gracias a presión da xente». E lembrou a situación actual do ambulatorio, que «so ten tres médicos e a ver o que pasa cando se xubile un».

Tamén falou do peche de negocios na Rúa, da falta de comunicacións por tren, da deslocalización de Iberdrola e do mal estado da N-120, entre outros temas.

“Hai alternativa a esta desfeita”, sentenciou Albert, en alusión a un goberno do BNG capaz de abrir un tempo novo para sacar A Rúa deste letargo e conseguir que avance,

«Desde a humildade, con ilusión, capacidade, proxecto e xenerosidade, seremos capaces de virar o barco á deriva no que se ten convertido este concello, para colocalo de novo na boa dirección, para o dinamismo económico e social, man a man coa veciñanza”, dixo Albert.

Pola súa banda, Ana Pontón, suliñou que “estou convencida de que será a próxima alcaldesa da Rúa porque xa demostrou a súa capacidade de xestión, para solucionar problemas e a súa capacidade para mellorar a vida da xente. María xa foi a mellor alcaldesa que tivo este concello: eficaz, solvente, con ideas, dialogante e sempre, sempre a disposición dos veciños e das veciñas”, proclamou a líder do BNG.

“A xente da Rúa quere que o seu concello funcione, que sexa útil, que resolva problemas en lugar de crealos, que preste servizos con eficacia, quere un concello de portas abertas. E todo iso é o que representa María Albert, que volverá ser unha alcaldesa ao servizo da veciñanza, que escoita, que axuda, que resolve”, afondou Pontón.

Para a portavoz nacionalista, a candidata do Bloque será capaz de deixar atrás catro anos perdidos de confrontación e ineficacia, catro anos de retroceso e abrir “un tempo novo de futuro, de ilusión e de esperanza, a favor da veciñanza”, alegou.

Na súa intervención, destacou que A Rúa é un concello con moito potencial “que quere avanzar, recuperar servizos públicos e calidade de vida, recuperar dinamismo económico e social. “E para iso é imprescindible unha alcaldesa con propostas e ideas claras, que ten proxecto político para poñer o concello a funcionar de novo, unha María Albert que coñece A Rúa como a palma da man e que quere a este concello”, subliñou.

Con María Albert de alcaldesa, argumentou a portavoz nacional do Bloque, A Rúa volverá ter un Goberno local “coas portas abertas á xente, transparente, a disposición dos veciños e das veciñas, porque hai que reabrir o concello á cidadanía e estou segura que ese será o primeiro paso da futura alcaldesa”.

Pontón comprometeu que o goberno local liderado polo BNG significará ter unha rexedora que defenda servizos públicos de calidade, empezando pola sanidade; unha líder que impulsará os proxectos básicos para o municipio. Por exemplo, no ámbito da recuperación urbanística, do abastecemento da auga, do funcionamento das instalacións municipais ou as comunicacións e a mobilidade, tanto por tren como por estrada.

Igualmente, coa volta de Albert á Alcaldía, A Rúa terá unha alcaldesa que defende a economía local, o comercio de proximidade e que fomentará o asociacionismo, a cultura e o deporte; unha alcaldesa que defenderá os intereses dos veciños e das veciñas como xa está facendo agora desde o Parlamento, loitando contra o abandono da Xunta. “En definitiva, María Albert é a alcaldesa que A Rúa necesita para abrir un tempo novo, para volver ter un concello que funcione, que resolva os problemas da veciñanza e que estea ao servizo da xente”, conclúiu.

Tamén falou Avelino García Seco, que dixo que María González Albert e exemplo de traballo e sacrificio, sempre disposta a botar unha man. E falou do goberno local actual do PP, que calificó de prepotente,.