Margarida Pizcueta anima a participar nos Maios: «Repartiranse 2.000 euros en premios»

Publicidad

A concelleira de Cultura do Barco presentou a programación, que achega música, baile, maxia e a Feira de Produtos Artesanais

Os Maios volven as rúas do Barco despois de dous anos de parálisis. A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, sinalou que a petición de os colectivos e entidades que participan decidiuse que sexa presencial. Tamén se recupera a Feira de Produtos Artesanais que organiza a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA).

«Volve a programación convencional. Teremos feira, música, baile e actividades para o público infantil e familiar e o concurso dos maios» no que se repartirán 2.000 euros en premios. «Animo a participar pois hai a posibilidade de gañar uns cartiños que veñen moi ben para as asociacións». Ademais —engadiu— «ven moi ben primeiro socializar, festexar e despois os premios».

As inscripcións comenzan hoxe ata o 20 de abril. Se poden facer presencialmente en AEVA.

Publicidad

Os maios celebraranse o día 1 de maio na Praza do Príncipe. As 11,30 será a apertura da Feira de Produtos Artesanais. As 12,30 haberá música e baile tradicional da agrupación Os Coribantes de Ponte Caldelas. As 13,30 chegará o canto das coplas.

Pola tarde, a partires das 18,00, haberá maxia a pe de rúa co espectáculo do mago Martín Camiña. As 19,00 hras será a entrega de premios.