Luis Menor destaca a feira agrogandeira Trevinca da Veiga como exemplo da aposta polo rural

Luis Menor, María del Carmen González y Juan Anta
Publicidad

O presidente da Deputación participou na inauguración do evento que se desenvolve toda a fin de semana na Veiga

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, que se desenvolve esta fin de semana en A Veiga. Unha cita que o propio Luis Menor puxo como exemplo á hora de “recuperar, manter e conservar viva a memoria da tradición rural”.

No acto inagural, o presidente provincial estivo acompañado polo alcalde, Juan Anta, e polo director de Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos. Tamén estaba presente a deputada provincial e delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, o deputado de Dinamización do Medio Rural, Xosé Miguel Pérez Blecua, ademais de alcaldes e alcaldesas das comarcas de Valdeorras, Trives, A Limia e Baixa Limia.

Publicidad

Agradecido pola invitación a visitar a exposición, Luis Menor recoñeceu o orgullo que debe sentir un alcalde cando, como no caso desta feira, “reivindícase a singularidade dun territorio como A Veiga, singularidade esencial para comprender o xeito de vida nestas terras”, falando expresamente da montaña e da gandería.

Publicidad

Advertiu que un pobo sen memoria “vai camiño de perder a súa identidade”, polo que abogou por celebracións como esta para manter vivos os costumes, a cultura artesanal e de oficios tradicionais “dos que aquí tendes moitos e variados exemplos”. Neste sentido, Menor ratificou o apoio da Deputación a canta iniciativa teña como principal obxectivo “manter vivos os nosos xeitos de vivir”.

Crianza Trevinca celebrase durante toda a fin de semana. Desde a inauguración e ao longo destes dous días poderá visitarse o recinto onde estará o gando, así como os pequenos produtores e os artesáns. Ademais, haberá unha exposición de carros, apeiros de labranza e xugos. Ademais doutras actuacións musicais, a Real Banda da Deputación de Ourense tamén participo una exposición agrogandeira da Veiga.