Letras Galegas na Rúa ca música e baile de Abertal, teatro e cine

Publicidad

O Centro Cultural Avenida acolle o espectáculo de Abertal a partir das 12 da mediodía

 A Asociación Cultural Abertal festexa o Día das Letras Galegas no Centro Cultural Avenida da Rúa a partir das 12 horas da mediodía, coa colaboración do Concello. A Escola de Música e Baile Tradicional ofrecerá un espectáculo de música e bailes tradicionais galegos.

Ademais, nesta xornada das Letras Galegas, que este ano se adica a Luisa Villalta, se entregarán premios aos escolares participantes no concurso de debuxo de Abertal.

Na mesma xornada do 17, pola tarde, ás 18,00 horas, será a preestrea da obra «Pum!Pum! Quen hai?», unha divertida historia, a ritmo de comedia, na que se vivirá toda unha aventura.

Publicidad

Durante a fin de semana, proxectarase o filme «As Neves», un relato sobre a realidade das xeracións máis novas que conta, ademais, con participación ruesa.

Por último, o domingo 19, representarase «Os tres porquiños«, con bonecos a tamaño real, as 18,00 horas.