Foi organizada pola Asociación de Mulleres Rurais
Córgomo (Vilamartín) celebrou o Día das Letras Galegas cunha feira de produtos tradicionais e artesanais organizada pola Asociación de Mulleres Rurais da localidade. Participaron 12 produtores locais de pan, viño, bica, mel e artesanía, entre outros.
A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo, Soledad Figueroa, agradeceu a implicación dos participantes na feira nunha xornada de choiva. «Aínda así houbo movimento e se fixeron ventas», manifestou.
A feira, que tamén visitou o alcalde do municipio, Enrique Álvarez Barreiro, contou con movemento. Esta foi a segunda edición e naceu e para «manter vivo o espírito do día Das Letras Galegas», que acadou a súa máxima intensidade no 2022, data histórica na que se lle dedicaran a Florencio Delgado Gurriarán.