Bala Perdida a leva a escea a partir das 21,00 horas no Teatro Lauro Olmo
Bala Perdida achega hoxe ao Teatro Lauro Olmo do Barco a obra «Lerele», as 21,00 horas. Conta ca dirección e autoría de Ana Contreras, e un elenco formado por Cecilia Vázquez e Pablo Novoa. A coreografía é de Mariola Puga e Paola Torregrassa e a música de Pablo Novoa.
Lerele é a historia dunha nena que sente a súa vida transformarse cando ve na televisión a Lola Flores no programa de Fin de Ano de 1982. Os seus desexos e anhelos envoltos pola maxia e o poderío da “faraona” deciden o seu futuro como artista.
Despois, as casualidades e a familia farán que os camiños de ambas se crucen e confundan para atoparse neste espectáculo.
Lerele conta a conexión entre Lola Flores e Galicia, a través de Cesáreo González, o empresario vigués que a levou á fama.