Enrique Álvarez Barreiro falou do programa do PSOE en Vilamartín

Publicidad

O candidato socialista a alcaldía explicou o seu programa e fixo balance da súa xestión como alcalde durante un acto-coloquio no que falaron Sherezade Núñez e Claudia Núñez

O candidato do PSOE a alcaldía de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro, expuxo o seu programa para as próximas eleccións cos mebros da súa candidatura como Sherezade Núñez Rodríguez (número 2) e Claudia Núñez Vidal (número 3). O fixo o Día das Letras Galegas enchendo o Centro Cultural Santa Lucía nun acto-coloquio, presentado por Diana Ramos, que contou ca intervención do cabeza de lista do Barco, Alfredo García.

Enrique Álvarez Barreiro falou do proxecto do Bañadoiro, unha das obras mais importantes de Vilamartín; a futura remodelación integral da Praza de Jose Luis Núñez e da súa aposta polos pobos do medio rural. Lembrou que foi quen de acadar superávit nas arcas municipais xestionando unha débeda de mais de un millón en medio de euros das contas do Concello.

Pola súa banda Sherezade Núñez falou de proxectos para poñer en valor as figuras relevantes do municipio como o Abade Ruiz de Padrón, da aposta polas festas como as das covas, hoxe todo un referente e da creción dun museo etnográfico e enolóxico de Valdeorras para darlle un espazo con personalidad propia a actividade por excelencia da comarca, a viticultura e o viño.

Publicidad

Claudia Núñez profundizou na educación, de proxectos para ampliar o servizo da Escola Infantil e a aposta do PSOE por revitalizar o CEIP Manuel Folla Respino para que non siga perdendo alumnos ademais de grantir a celebración de programas modelo en Valdeorras como «Vilaverán» e o «Vilanadal» destinado a nenos e nenas.

Alfredo García fixo unha intervención enxalzando a laboura de Enrique Álvarez Barreiro como alcalde.

O acto finalizou ca presentación de as personas que integran a lista.