Reuniuse co presidente da Asociación de Músicos Afeccionados de Valdeorras, Ramón Teira
Eladio (Lalo) Santos, candidato por Valdeorrras nº4 na provincia de Ourense polo PSdg, reuniuse co presidente da Asociación de Músicos Afeccionados de Valdeorras (AMAVA), Ramón Teira. Na reunión, o presidente expuso a importancia deste tipo de Asociacións, compostas maioritariamento por xente moza.
«Este tipo de asociacións supoñen unha ferramenta para que a mocidade exprese a súa potencialidade artística e as súas inquietudes culturais», dixo Eladio Santos.
Ramón Teira dixo que AMAVA leva moitos anos xa impulsando a grupos musicais e músicos de Valdeorras. As súas demandas teñen que ver con ter máis posibilidades de realizar concertos, darse a coñecer e dar saída á súa creatividade artística e musical, destacando tamén a oferta de ocio san e cultural que supón a música, «que debe ser apoiado polas adminilstracións», engadiu.
Pola súa parte, o candidato Eladio Santos, expúsolle que no programa que impulsa o PSdG, contémplase a necesidade de gobernar en permanente contacto cos Concellos, que son os que detectan máis fácilmente as necesidades do territorio e da xente, neste caso da mocidade.
Eladio Santos tamén falou que no programa do PSdG está o compromiso de reestruturar os gastos nos festivais musicais para evitar descompesación de gastos entre macrofestivais e pequenos concertos ou festivais de músicos locais ou galegos, que tamén precisan de inversións e apoios para seguir traballando e creando.
«Ademais o PSdG comprométese a elevar a inversión en cultura a un 2% fronte ao 1, 06% do actual goberno do Partido Popular. Apoiar á mocidade con inquietudes artísticas é conformar unha sociedade máis creativa e innovadora».