23.5 C
O Barco de Valdeorras
miércoles, junio 10, 2026
Publicidad

Eladio Santos destaca o valor do Entrudio de Viana

Eladio Santos subdelegado del Gobierno Entroido de Viana do Bolo
Publicidad

O subdelegado do Goberno estivo no evento da Comparsa celebrada na aldea de San Mamede

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou o valor cultural e turístico do entroido tradicional de Viana do Bolo. Fíxoo durante a súa asistencia á Comparsa celebrada na aldea de San Mamede.

Eladio Santos destacou que o Entrudio de Viana do Bolo foi declarado recentemente como Festa de Interese Turístico Nacional, xunto aos entroidos de Manzaneda e Vilariño de Conso. «Trátase dun recoñecemento que sitúa a este territorio como referente do patrimonio inmaterial da provincia de Ourense», destacou.

«San Mamede é mantén con orgullo tradicións que hoxe son un motor cultural, social e económico para a comarca», afirmou o subdelegado, que felicitou aos organizadores da comparsa, que recuperaron esta tradición no 2019.

Publicidad

«Sen a implicación dos veciños e veciñas de Viana do Bolo sería imposible manter viva a tradición», indicou.

Ademais, Eladio Santos felicitou ao Concello de Viana do Bolo por conseguir o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Nacional. «Quero felicitar aos concellos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso porque a súa unión e capacidade para traballar xuntos por un obxectivo común, así como a loita por preservar os seus valores culturais, fixeron posible este logro», destacou.

A comparsa tradicional de Viana do Bolo divídese en catro partes: o permiso, a ronda, o brindis e a disputa. Despois celebrouse na aldea de Pradocabalos. O sábado que vén repetirase en Quintela de Hedroso e Pinza.