Dous libros impulsan a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Publicidad

O Barco acolleu a presentación da reedición dunha biografía feita por Ricardo Gurriarán e unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero

O salón do Edificio Multiusos do Barco acolleu a presentación da reedición de dúas novas obras sobre Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Córgomo (Vilamartín) ao que se lle adican as Letras Galegas 2022.

Trátase da biografía feita por Ricardo Gurriarán, «Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista», publicada en 1999, e unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero, ambas de Editorial Galaxia.

O acto foi presentado polo alcade do Barco, Alfredo García; o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro; a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta e o representante da Editorial Galaxia Xesús Domínguez.

Publicidad

A vida, obra e figura de Florencio Delgado Gurriarán volveu a proxectarse en Valdeorras.