Convocado o V Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

Publicidad

Foi presentado hoxe en Córgomo (Vilamartín) e o cartel que anuncia o certame foi feito pola ilustradora Eva Piay

A Fundación Florencio Delgado Gurriarán, co apoio e patrocinio da Deputación de Ourense, convoca o V Premio de Poesía Florencio  Delgado Gurriarán.

Esta iniciativa, que se insire dentro dos actos de homenaxe ao autor e de difusión de súa figura e obra, ten por finalidade fomentar a escrita de textos poéticos en lingua galega así como a difusión dos seus autores e autoras.

Poden presentarse poemas inéditos, en galego e cunha extensión máxima de entre 15 e 90 versos, puidendo presentar ata tres poemas por persoa. O certame ten un premio único de 3.000€ 

Publicidad

Hai dúas maneiras de inscribirse, enchendo o anexo das bases e enviándoo escaneado xunto co poema a fundacion@florenciodelgadogurriaran.gal ou directamente na web da fundación.

O cartel foi presentado hoxe, feito pola ilustradora Eva Piay, natural de Rubiá, que presenta referencias á aldea de Florencio, ás uvas, aos louxados valdeorreses, ao Ipanema ou aos montes do val.

A presentación desenvolveuse en Córgomo, terra natal de Florencio Delgado Gurriarán. No acto estivero Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco; o activista Anxo Baranga e o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez.