CIG-Saúde alertou da falta de médico no PAC de Viana e o Sergas di que se garantiu a asistencia sanitaria

Publicidad

O PAC que atende Viana e Vilariño non tivo cobertura médica durante a tarde do 15 de setembro

CIG-Saúde de Valdeorras afirma o Sergas deixou sen cobertura médica ao Punto de Atención Continuada (PAC) que atende aos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, durante a tarde do 15 de setembro, PAC que atende ademais dende as 10 da noite tamén ao concello de Veiga.

O delegado sindical de CIG-Saúde, Jesús Vilasánchez, dixo que máis de 4.000 habitantes do rural galego espallados por máis de 700 km cadrados de territorio de montaña ían estar pola noite sen atención médica «e máis de 3000 habitantes espallados por case 550 km cadrados levarán todo o día sen atención médica nos concellos de Viana e Vilariño”.

Así mesmo indica, que “dende a CIG enfrontarémonos a estas actitudes de todas as formas que poidamos e pedimos á poboación e aos grupos políticos que exerzan a máxima presión que poidan sobre a administración sanitaria exercendo o seu dereito a reclamar por escrito, e denunciar de ser o caso. E o mesmo pedimos aos representantes políticos destes concellos”.

Publicidad

Dende o Sergas aseguraron que “un problema xurdido co profesional que debía cubrir a garda no PAC de Viana foi o que propiciou a situación existente”. E que, en todo caso, todas as persoas que precisasen «teñen garantida a asistencia: As urxencias deriváronse ao PAC do Barco de Valdeorras e tamén a través dos efectivos do 061, que foron avisados da situación”.