Alfonso Rueda tomou posesión como novo presidente da Xunta

Publicidad

Alfonso Rueda xa é o novo presidente da Xunta. Tomou posesión do cargo. Comprometeuse a  «gobernar dende a moderación” como “mellor antídoto contra a intransixencia” . Tamén falou da estabilidade do Goberno galego despois de catro maiorías absolutas do PP en Galicia.

Rueda é o primeiro presidente da historia de Galicia que accedeu ó cargo pola renuncia do seu antecesor, neste caso Alberto Núñez Feijóo.

Algunhas das súas frases:

Publicidad
  • «Exercerei o meu deber, primeiro, desde a sensibilidade, tanto á hora de abordar os problemas dos galegos como, tamén, para iso estamos especialmente, para propoñer solucións. Cantas máis incógnitas se cernan sobre o futuro dos galegos, máis determinación amosará a Xunta de Galicia para que poida atoparse na nosa Administración autonómica, a Administración de todos os galegos e todas as galegas, un parapeto, un remedio ou, cando menos, un consolo«.
  • «Eu son un galego que ve nos seus compatriotas o mellor exemplo. Son un fillo de Galicia ao que Galicia encomenda que manteña a súa unidade, o seu progreso e o seu benestar. Teimarei por ser digno deste pobo que demostra todos os días que é capaz de realizar os seus soños. E se o fai é grazas ao esforzo propio, dentro dunha España democrática e no seo dunha Galicia autónoma e libre. E así temos que seguir sendo.
  • Empezo esta andaina animado por un galeguismo conciliador e inconformista e dispóñome a continuar o camiño iniciando unha etapa máis. E son consciente de que se inicia unha etapa máis. Miro atrás e contemplo un percorrido fecundo no que os nomes de Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga Iribarne, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo marcan fitos que xa forman parte da historia gloriosa e orgullosa de Galicia.

O compromiso de Rueda con Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu no Parlamento de Galicia á toma de posesión do novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do que destacou “o coñecemento das nosas necesidades e proxectos estratéxicos como provincia, plans que temos ao alcance da man porque desde Ourense seguiremos demostrando a capacidade de cooperación co Goberno galego”. 

O presidente provincial cualificou o acto desta mañá como “unha gran xornada que vai dar paso a un goberno de unidade, continuidade e moderación”, subliñando o expreso compromiso de Alfonso Rueda “con Galicia e o galeguismo, e por suposto tamén con Ourense”.

No acto estiveron representantes do PP provincial, tamén de Valdeorras, entre eles o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández; la alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, entre outros.