29.1 C
O Barco de Valdeorras
domingo, julio 26, 2026
Publicidad

A Xunta pon en valor o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Manzaneda

Publicidad

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na entrega de premios deste evento que axuda a conservar o patrimonio musical e atrae visitantes

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu hoxe, 26 de xullo, á entrega de premios do XVII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Manzaneda, que se celebrou esta fin de semana na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. Durante o acto puxo en valor esta cita como «un exemplo de como a cultura tradicional pode converterse nun motor para dinamizar o turismo e a economía local», ao tempo que destacou a capacidade do evento para atraer visitantes á montaña ourensá. 

O director de Turismo de Galicia salientou que a Xunta apoia este tipo de iniciativas pola súa contribución á conservación do patrimonio cultural e inmaterial. Tamén destacou que a incorporación de novas formacións «reforza o carácter aberto e de intercambio cultural dun evento plenamente consolidado no calendario estival galego».

Así mesmo, subliñou a importancia deste tipo de eventos para avanzar nun modelo turístico máis equilibrado. «O turismo en Galicia tamén se constrúe desde o interior. Iniciativas como o Certame Celtibérico axudan a diversificar os fluxos de visitantes, a dar visibilidade a comarcas con enormes recursos naturais e culturais e a xerar oportunidades para o territorio», asegurou.

Publicidad

Nesta edición, o certame incorpora como principal novidade a participación, por primeira vez, de formacións das Illas Baleares, que presentan as denominadas cornamusas mediterráneas xunto a agrupacións procedentes de Galicia, Asturias, Cataluña, Madrid e Portugal.

O programa completouse co IX Serán da Seitura, dedicado á recuperación dos antigos cantares ligados aos labores agrícolas, e coa tradicional Noite Celta, antes da gran final do certame.

Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, durante a entrega de premios

Unha programación que combina música, patrimonio e natureza e que consolida esta cita como un dos principais referentes da música tradicional en Galicia.

O Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Manzaneda volveu a conquistar ao público.