A Xunta de Persoal do Hospital invita ao xerente da Área a debatir sobre a sanidade en Valdeorras

Publicidad

Discrepa do comunicado da Xerencia sobre os recortes e a plantilla

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras ante o comunicado emitido onte pola xerencia da Area Sanitaria de Ourense Verín e Barco de Valdeorras sinala que ditas declaracións son consecuencia «do nerviosismo en que esta a caer, despois da resposta da cidadanía deste distrito Sanitario de Valdeorras nas concentracións dos mércores diante do hospital de Valdeorras  en defensa da sanidade pública e a recuperación dos servizos sanitarios perdidos sanitarios no distrito».

Publicidad

Dí que a xerencia confunde, terxiversa e oculta información afirmando que non hai recortes de servizos ni de persoal. Si esto e así, pregunta a xunta de persoal, «¿onde están os traumas e cirurxáns que faltan? ¿Onde está o cardiólogo e o urólogo e a dermatóloga e o médico de admisións do HCV?¿ Onde están os servizos clínicos que desapareceron?». 

Discrepa do manifestado polo Sergas no que se refire o cambio de Área a Distrito, que estima que sí modifica a capacidade asistencial. «So basta ver o que son e eran as funcións dunha xerencia de área e o que son as funcións dunha directora de distrito».

Publicidad

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras convida ao xerente da Área sanitaria «a vir a Valdeorras a debater en público, sobre a realidade do Hospital de Valdeorras». Neste senso, sinala:  Vostede so diga dia e hora, nós buscamos lugar axeitado».