A Escola de Música e Baile tamén entregou os premios de debuxo que convocou
A Rúa festexou as Letras Galegas ca Escola de Música e Baile Abertal, no Centro Cultural Avenida, onde nenas, nenos e adultos, integrantes do colectivo, deron boa mostra do seu talento nesta xornada tan especial.
A asociación entregou os premios do concurso de debuxo convocado. Os elexidos formaron parte do cartaz que fixo Abertal para anunciar a celebración das Letras Galegas.
As gañadoras na categoría de infantil foron Carlota (que non estivo presente), Zoe e Icíar (esta última nieta de Manolo Durán, o que dirixiu moitos anos e fundou Abertal).