A lista do BNG na Rúa: Renovada, con experiencia e feminina

Publicidad

A formación nacionalista presentou ao equipo que concurre as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio

O BNG presentou na Rúa a súa lista para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Repite como número 1 e candidata María González Albert, seguida dos actuais concelleiros Avelino Fernández Seco e Marcos Fernández González.

María González Albert sinalou que é unha lista renovada, con sete personas novas, que mantén caras coñecidas e con maioría feminina, 11 mulleres das 21 personas («na práctica 22» —dixo—) que a conforman, como «forma de entender o compromiso político do BNG na vida municipal,do traballo feminista que hai que facer nos concellos e na aplicación de políticas de xénero en todos os ámbitos».

A candidata do BNG falou da unidade do seu equipo e suliñou que «fuximos de liortas personais, de personalismos, para traballar polo ben común da Rúa»

Publicidad

«Creemos que o BNG vai ter uns resultados históricos no noso concello, que vai ser a forza política que mais suba, porque está refrendada non só pola honestidade do equipo que forma parte dela senón por unha idea clara do que precisa este concello para sair do bache que temos pasado estes catro anos», indicou a candidata nacionalista.

María González Albert expresou que a lista conta con xente con experiencia e outra que «da aires novos» e adiantou que presentará un programa de goberno que atenderá as necesidades da Rúa.

Candidatura do BNG:

1. María González Albert
2. Avelino Fernández Seco
3. Marcos Fernández González
4. Cristina Vaamonde Blanco
5. Vanessa Corcoba González
6. Roberto Quiroga López
7. Álvaro Rodríguez Casado
8. Adelaida Barrio Fana
9. Mercedes Esteban Prieto
10. Antonia González González
11. Germán Alejandre Salgado

Suplentes: Manuel Ángel Durán Blanco, Auria Fernández Blanco, María Jesús Arroyo Allo, Fernando Rodríguez Díaz, Elena Nogueira Pérez, Manuel Sánchez Rodríguez, María del Mar Fernández Seoane, Jorge Rodríguez Estévez, Alejandrina Rodríguez Fernández e Xoaquín Pérez Fernández.