Publicidad

Pide á poboación que se sume a esta grande reivindicación colectiva

O BNG de Valdeorras expresa o seu apoio á manifestación en defensa da sanidade pública e a recuperación dos servizos sanitarios no Distrito de Valdeorras, pedíndolla a poboación que se sume á mesma nunha grande reivindicación colectiva.

«Dende vai anos observamos o deterioro continuo da sanidade pública no noso distrito, un deterioro manifestado por algo tan evidente como a perda de profesionais e actividade de servizos propios do noso hospital: Cardioloxía, uroloxía, dermatoloxía, psicoloxía ou otorrinolaringoloxía son servizos que este hospital ten orzados e hoxe en dia atópanse sen profesionais en activo . Outros servizos están tan mermados que faise imposible que desenvolvan a actividade necesaria, como é o caso de Medicina interna», expón.

O BNG sinala que as carteiras de servizos deste hospital non se adecúan as necesidades da noso distrito nin teñen previsto facelo como pode deducirse da negativa a dotar a este centro de prazas de pneumoloxía pese a altísima incidencia de silicose na comarca.

Publicidad

Tampouco se teñen en conta as condicións do territorio negándonos unha base medicalizada do 061 —engade—.

Atención Primaria

Na Atención Primaria, o BNG ve unha perda continua de profesionaisa: «perdeuse un médico no Bolo, na Veiga e Rubiá. Noutros centros de saúde sofren a continua falta de profesionais pola non cobertura de baixas ou permisos, chegando incluso a pechar centros polas vacacións do seu médico/a; sen terse en conta para nada a idade, a pluripatoloxía ou o illamento dos e das pacientes».

En canto aos tempos de espera, o BNG di que son cada vez maiores e que hai fallas de material «que demostran o escaso interés que a dirección do SERGAS ten na nosa comarca».

Por todo iso: «pedimos o apoio e participación na manifestación do día 17 de outubro de 2026, a nosa saúde está en xogo».