Sorteo dun vale de 300 euros para financiar unha excursión a Astorga

Publicidad

Os IES Lauro Olmo e Cosme López Rodríguez sacan á venda rifas e a persona gañadora poderá gastar o premio nunha empresa asociada de AEVA

Os departamentos de Latín de dous institutos de educación secundaria de Valdeorras, o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e o IES Cosme López Rodríguez da Rúa, organizan un sorteo para financiar unha saída didáctica a Astorga (León), na que tamén participa o IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Para financiar esta viaxe cultural, os dous institutos poñen en circulación unha serie de rifas numeradas que ofrecen a cambio dun donativo de 2€.

O premio ofertado é un vale por 300€ para gastar nunha empresa asociada a AEVA.

Publicidad

O sorteo terá lugar o día 8 de abril, día no que terá lugar a visita a Astorga e farase ante un xurado composto por membros dos dous institutos organizadores.

Será publicado na páxina web dos institutos e tamén será publicado polos medios de difusión habituais de AEVA. O premio caduca aos 30 días.

A persoa gañadora deberá notificar que está en posesión da rifa gañadora ao IES Cosme López Rodríguez, enviando copia da rifa premiada á dirección de correo ies.cosme.lopez@edu.xunta.gal. Para calquera aclaración pode chamar ao teléfono deste mesmo instituto 988 78 38 30.

A persoa posuidora da rifa gañadora deberá entregala no establecemento asociado a AEVA escollido para facer a súa compra. Unha vez efectuada esta, deberá enviar copia do ticket de compra á dirección de correo indicada no parágrafo anterior.

Se o produto ou produtos adquiridos teñen un valor inferior aos 300€, en ningún caso se lle devolverá a diferenza entre ese valor e os 300€ do premio. Se o produto ou produtos adquiridos superan o importe dos 300€, a diferenza deberá ser aboada pola persoa gañadora do sorteo.