O libro, presentado no Bolo, «é unha verdadeira antoloxía con 440 cantares, un video, 500 fotos antigas
«Cancioneiro Sociolingüístico das Terras de Bolo». Este é o título do novo libro do mestre Xosé Lois Foxo, que foi presentado no Bolo nun acto moi especial no que actuaron cantareiras e cantores do municipio ademais da Bada de Gaitas do concello. Foi unha gala que contou cun nutrido público chegado de toda a comarca de Valdeorras e outras veciñas como Trives e mesmo de San Xoán de Río. Tamén estiveron representantes do Instituto de Estudos Valdeorreses e outros ámbitos da sociedade.
Este traballo recolle a alma dunha terra, as músicas e cánticos máis antigos, empezando polo Romance de Doña Urraca «que andivo por estas terras polo ano 1000, conservando ese poso único na historia do romanceiro peninsular», expresa Xosé Lois Foxo. De feito, dese romanceiro «hai unha recolleita a través da historia, incluso de cantores actuais que ainda son romancistas dos que temos exemplos neste cacioneiros», engade.

Todos os cánticos do Cancioneiro son de transmisión oral. «E importante dicir que aiquí aparece a segunda gravación más antiga de Galicia, gravada no 1962 e aparecen os cantores da época, xa con 90 anos, en contraste cun neno que daquela tiña 12 anos e cantaba xa por Manolo Escobar. En este libro recollénse esos cantares que xa en 1962 eran importantes e a transición dos novos cánticos de discos. E está toda a música que non foi grabada, de tradición oral», relata Xosé Lois Foxo.
Unha boa parte dos cantares foron recollidos nos anos 60, pero moitos son medievais, todos do Bolo, unha contorna moi rica en cánticos. «Nesta terra houbo os cegos cantores como o Cego do Bao, que era de Outardepregos, e que nos anos 40, e antes, xa anduveron cantando por aí. Precisamente as cantoras que herdaron esa tradición cantaron para min neste cancioneiro», engade o mestre.
A forma de falar
«E un cancioneiro sociolingüístico «porque no solo recolle os cánticos senón tamén a forma de falar. Non está no galego académico, senón popular, incluso a ortografía é un diseño feito por min para transcribir fonéticamente a historia», expón Xosé Lois Foxo.
Xosé Lois Foxo e unha das poucas personas que dedican tanto tempo a preservar o noso. Detrás deste libro hai 15 anos de traballo, unha laboura inxente, e moita dedicación, con 440 cantares, un video, 500 fotos antigas. «É unha verdadeira antoloxía», valora o autor.
O tema dos cantares son romances fronteirizos, históricos, da xeitura, de nadal, de reis e de creación popular relixiosos, entre outros moitos.
«E un traballo moi especial pois é unha afición que eu teño que supón salvar do esquecemento a cultura, cantares que morrían. O mundo rural está nunha época triste por iso é moi importante neste momento rescatalo», indicou.
A música que aparece neste cancioneiro é transcrita, orixinal ou literal, tamén a fonética da letra.
«Este cancioneiro é moi importante para historia de Galicia, para a historia da tradición lírica. O romance de Doña Urraca, por exemplo, é único», conclúe Xosé Lois Foxo.
En palabras do presidente da Deputación, Luis Menor, recollidas no prólogo do libro: «Esta magna recopilación de cantares de distintos xéneros de tradición musical popular reclaman xustiza. A xustiza de polos en valor. Son a alma do pobo. Son a nosa historia. Son as nosas raíces. Por todo elo, hoxe máis que nunca, debemos mirar ao mundo rural que reclama xustiza. Aí están os nosos valores como pobo «.
O libro consta de 416 temas en transcrición melódica e fonética, conta con 426 temas en soporte de audio, video e documentación fotográfica e afonda na lingua escritural e música, na figura de Felisa Álvarez Corzo, como paradigma da cantareira galega; creadores iletrados, cegos cantores do concello do Bolo, música relixiosa de creación popular, compositores romancistas de Valdeorras dos séculos XIX ao XXI, inconografía dos cantares, orquestras e gaiteiros do Bolo, entre outros.

























