La jornada se celebró con lectura de manifiestos y música
O Barco visibilizó el 25N, Día internacional de la eliminación de la violencia contra las mujeres con un acto en la Plaza del Concello en el que se dio lectura a distintos manifiestos.
El concejal Orlando Saavedra fue el conductor de la gala, que dio comienzo con un minuto de silencio por las mujeres asesinadas. A continuación, tuvo lugar el encendido de farolillos morados, para dar paso a la lectura de manifiestos por parte de estudiantes de los institutos IES Martaguisela y Lauro Olmo y el Colegio Divina Pastora.
La concejala Margarida Pizcueta leyó el manifiesto institucional, consensuado por todos los grupos políticos que integran la Corporación municipal.

Nerea Jiménez puso música al 25N e interpretó diversas canciones, una de ellas un tema propio que estrenó en este acto, compuesto por ella misma.
El manifiesto institucional de este 25N dice así:
O 25 de novembro é un día que nos afecta como sociedade, coa conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Unha data de memoria, de denuncia e de compromiso. Unha xornada para lembrar a todas as mulleres asasinadas a mans da violencia machista, para acompañar ás sobreviventes e ás súas familias. E un día de determinación colectiva para renovar o compromiso do noso país cunha vida libre de violencia para todas as mulleres e as nenas.
A Violencia de Xénero é a expresión máis extrema dunha desigualdade histórica. É unha violación de dereitos humanos, un ataque directo aos valores democráticos e á dignidade das mulleres. Trátase dunha violencia estrutural dirixida cara as mulleres polo mero feito de selo. Non é un fenómeno illado. É un problema de Estado e combatelo non é só unha responsabilidade política, senón un imperativo ético.
Este ano conmemoramos un gran fito, a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, aprobado o pasado mes de febreiro no Congreso dos Deputados co respaldo maioritario dos grupos parlamentarios. Este novo acordo amplía o número de medidas, de 290 a 462, incorporando novas formas de violencia como: a violencia económica, a violencia dixital ou a violencia vicaria; cunha dotación orzamentaria reforzada de 1.500 millóns de euros para o próximos cinco anos.
En coherencia con esta renovación do Pacto de Estado, o pasado mes de setembro, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto de Lei Orgánica de medidas en materia de violencia vicaria, que por primeira vez en Europa tipifica esta forma de violencia como delito autónomo no Código penal.
A violencia vicaria é a forma máis cruel de violencia machista. Ataca as mulleres onde máis doe, a través das súas fillas e fillos. É unha violencia extrema que o Estado ten o deber de previr, de sancionar e de reparar. Na actualidade máis de 1.400 menores están en risco segundo Viogén (Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero). Lexislar sobre este tipo de violencia é un clamor social, que busca visibilizar, recoñecer, previr, sancionar e erradicar esta forma de violencia.
É de vital importancia continuar traballando para que de forma urxente se aprobe a Lei de Violencia vicaria, para seguir reforzando a atención integral ás vítimas, para aumentar a formación especializada de todos os profesionais implicados, e en definitiva, para que o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero se cumpra e se implemente de xeito efectivo.
Hoxe, como cada 25 de novembro, sumámonos á chamada global impulsada por Nacións Unidas e reafirmamos o noso compromiso coa prevención, atención e reparación da violencia machista. Non daremos nin un paso atrás nesta loita. Porque é posible e é a nosa responsabilidade, a de toda a sociedade, acabar coa violencia contra as mulleres.
A novembro de 2025, temos 38 victimas mortais mulleres e 3 menores vítimas, tamén desta violencia
Desde 2003: 11.333 vítimas mulleres
Desde 2013 65 vítimas de violencia vicaria
Esta é tan só a punta do iceberg, os datos das que perdemos.
O número total de mulleres asistidas polo sistema Viogén desde o 2019 a outubro 2025 foi de 897.146 mulleres.
O número de mulleres con protección policial (casos activos con nivel de risco apreciado) ao 31 de outubro de 2025 é de 58.408 mulleres.
Estes datos non poden deixarnos impasibles. Nin este acto é un acto baleiro ou banal. O negacionismo da violencia machista é en si unha forma de violencia machista e na nosa man está denunciar a esa parte da sociedad que aínda nega a violencia de xenero. Non podemos branquexar esa mensaxe.
Hoxe, neste acto, ratificamos o compromiso deste Concello coa loita contra a violencia de xénero en todas as súas expresións.
E así seguiremos educando e creando conciencia na nosa veciñanza nesa loita. Ninguén debe mirar cara a outro lado, todos e todas somos necesarios/as.
Seguiremos desenvolvendo as iniciativas de sensibilización e educación en igualdade e prevención da violencia poñendo unha especial atención na infancia, na adolescencia e na mocidade.
Comprometémonos a implementar, dentro das nosas competencias, todas as accións contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Comprometémonos a seguir colaborando co tecido asociativo que traballa pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
A violencia machista parámola unidas


















