O director de Turismo de Galicia explica as iniciativas postas en marcha para revitalizar os destinos que sufriron os incendios
Turismo de Galicia, que dirixe Xosé Merelles, mantén unha aposta firme por Valdeorras, en todas as iniciativas destinadas a impulsar a comarca como destino, antes e despois da grave vaga de incendios do verán, situación coa que tamén se implicou a fondo coa posta en marcha de distintas medidas destinadas a dinamización turística das zonas afectadas e de Galicia no seu conxunto.
Xosé Merelles explica as liñas de axudas e a campaña que axudarán a reactivar novas visitas a Galicia e valora o avance de Valdeorras como destino.
Valdeorras de Cerca: Turismo de Galicia involucrouse cos municipios afectados cos incendios para axudar a minguar o impacto dos incendios sobre o turismo, ¿en qué consiste a campaña e o paquete de medidas que estase a desenvolver para o sector turístico?
Xosé Merelles: Despois da vaga de incendios en Galicia, que afectou á comarca de Valdeorras, desde Turismo de Galicia puxémonos a traballar enseguida, tivemos unha reunión cos colectivos hostaleiros do que tiñamos pensado facer e tamén recollimos as súas inquedanzas. Dixémoslles que ibamos ter un investimento de aproximadamente 3.600.000 euros que incluía unha campaña xeral, que a presentamos a final de setembro en Madrid, ¿E se Calidade fose un lugar? É a primeira vez que a marca Galicia Calidade se involucra co turismo e se está desenvolvemento con 2.500.000 de euros. Esto está reactivando o destino turístico de Galicia, despois dos incendios.
Ademais imos crear un bono específico para que a cidadanía poida disfrutar na aqueles concellos que acadaron a situación 2 durante os incendios, como é Valdeorras, por desgraza, en todos os que se viron afectados polos incendios. Vai comenzar do 1 de xaneiro ata marzo e vai estar subvencionado pola Axencia de Turismo de Galicia nun 85 por cento, de xeito que creemos que é unha iniciativa moi atractiva que vai ter moito éxito.
Tamén agora mesmo está funcionando o Outono Gastronómico no ámbito do turismo rural e o Bono Turístico que habitualmente saca ao mercado Turismo de Galicia. Con estos dous produtos apelamos á solidaridade de quen os utilice para que se acorde destas zonas que padeceron o maior número de incendios e con tanta intensidade.
Hai que engadir que temos unha liña de axudas que púxose en marcha hai uns días que ven a cubrir, nunha porcentaxe do 25 por cento, as perdas de demanda, as cancelacións de reservas que ocasionou a vaga de lumes, hasta un máximo de 2.500 euros. Neste momento, observamos que hai demanda, sobre todo dos establecemos das zonas máis afectadas polos incendios.

V de Cerca: Ainda que o impacto dos incendios foi moi negativo, ¿un dato positivo e esperanzador pode ser que os turistas siguen vindo a Galicia e tamén os peregrinos, que viven Camiño coa mesma intensidade?
Xosé Merelles: O Camiño de Santiago é un elemento fundamental para manter a demanda. Galicia é hoxe un destino turístico moi ben posicionado. Co incentivo de Turismo de Galicia cos produtos xa citados como o bono, o Outono Gastrónomico e campañas de publicidade seguimos promovendo o destino para que siga crecendo.
Nos estamos observando que a demanda está totalmente activa. É certo que nas datas críticas baixou na provincia de Ourense un 5 por cento pero creemos que vaise poder recuperar, sobre todo na época de máis baixa da ocupación como é o inverno, grazas aos produtos que temos postos no mercado en colaboración co sector turístico e polos propios recursos que ten o interior galego, e nomeadamente Valdeorras e a súa contorna, como son o Entroido, as festas gastronómicas, a paisaxe, a cultura e o Camiño de Santiago.
V de Cerca: Parece que Valdeorras avanza como destino, ¿que din os datos?
Xosé Merelles: O que vemos e que están medrando os destinos do interior. Os que máis medraron son Terras de Celanova e a Terra Chá (Lugo). En Valdeorras hai un incremento da demanda. Poño como exemplo o festival O Son da Estación da Rúa que o día que se celebrou apenas había aloxamento no municipio e na contorna. Este tipo de eventos unidos a festas populares, magostos ou calquera oferta complementaria, o que vai facer que ao longo dos meses de menor ocupación se poida seguir posicionando Valdeorras. A comarca tamén, desde o punto de vista do enoturismo, cada vez é mais coñecida.
O que fai falta é tirar da oferta complementaria. Aí está a Ruta do Viño que organizou un BTT a mesma fin de semana do Son da Estación. Esa oferta continua é o que vai facer que Valdeorras sexa máis coñecida e que a xente se de conta da idiosincrasia que ten o territorio e a súa capacidade de atracción, que é moita.
V de Cerca: Turismo mantén unha aposta clara por Valdeorras, ¿cal é a inversión e que faría falta para seguir avanzando?
Xosé Merelles: Podo citar o Plan de Sustentabilidade Turística Ruta do Viño Milenaria no que se están investindo preto de 2 millóns de euros entre 2025 e 2026. Os cálculos que temos de inversión na comarca, entre o 2025 e 2026, son arredor de 3 millóns de euros, incluindo o PSTD e o convenio que temos coa Deputación de Ourense para a promoción do Xeodestino que conforman os nove Concellos da comarca. E despois hai actuacións concretas como a remodelación da Praia dos Franceses da Veiga, con casi 100.000 euros, a rehabilitación paisaxística das escolas de Seadur, con máis de 100.000 euros e outras mais pequenas como pode ser a posta en valor do albergue da Rúa a través dun convenio co Concello da Rúa imos investir 50.000 euros ou tamén o convenio que asinamos coa Asociación de Amigos do Camiño de Valdeorras con 60.000 euros para dotar dun edificio histórico en Fontei como sede da asociación, entre outras.
A aposta é clara, sí, pero temos que traballar todos, non so as institucións. É moi importante a iniciativa privada. Fai falta que tiremos todos, institucións e iniciativa privada, e tamén desenvolver iniciativas como produtos turísticos, unha oferta que facilite as visitas á comarca.











