Xosé Manuel Merelles reafirma o compromiso do PP co patrimonio valdeorrés

Publicidad

Visitou o santuario das Ermidas con Ángeles Vázquez, Gabriel Alén e representantes do PP de Valdeorras e de Viana do Bolo e percorreu a feira da Rúa

“O interior galego posúe singularidades diferenciadoras que o fan especialmente atractivo como destino turístico”, sinalou Xosé Manuel Merelles logo de visitar xunto a Ángeles Vázquez, vicepresidenta 2ª da Xunta, e un grupo de membros do seu partido na provincia o santuario das Ermidas, no Concello do Bolo, “unha xoia do noso barroco”, na que se levan investido dende o ano 2009 máis de 915.000 en obras de mellora e actuacións de optimización da súa contorna. Na actualidade, estase a promover unha intervención neste emprazamento por preto de 520.000 euros.

Publicidad

“A articulación de políticas de promoción turística axeitadas e aliñadas conforme aos activos autóctonos de cada territorio constitúe unha prioridade para o PPdeG”, afirmou Merelles, quen tamén manifestou o compromiso do partido coa “protección do noso patrimonio”.

Segundo Xosé Manuel Merelles, que ocupa o posto 11 na candidatura dos populares ourensanos ao Parlamento de Galicia, “un Goberno autonómico liderado por Alfonso Rueda é garante para que a Galicia interior, en xeral, e Valdeorras, en particular, poida despregar todo o seu potencial” e converterse “nun destino preferente para a chegada de visitantes atraídos”, precisamente, polas peculiaridades de seu desta comarca: enogastronomía, activos industriais e patrimonio arquitectónico ou natural, entre outros.

Publicidad

Feria en Fontei

Previamente, antes desta visita ao santuario das Ermidas, Ángeles Vázquez e Xosé Manuel Merelles, acompañados doutros membros do partido da comarca e da provincia, percorerron a Feira de Fontei, na Rúa, para compartir cos veciños e visitantes material informativo e de campaña coas principais propostas que o Partido Popular ofrece para que “Galicia siga a funcionar”, concluíu Merelles.