Xabier Fortes declárase «valdeorrés de corazón»

Publicidad

O recoñecido xornalista foi o pregoeiro da Feira do Viño de Valdeorras

O gran xornalista Xabier Fortes foi o pregoeiro da XXV Feira do Viño de Valdeorras. Antes de comenzar afirmou que «é un pracer dar o pregón en Valdeorras porque me permite vir ao Barco, que está lonxe da miña terra, Pontevedra. Aiquí teño a escusa perfecta para probar todos os viños, falar ca xente, dar o pregón». Tamén supón «descubrir sobre todo como Galicia é tan distinta, tan diversa con terras que están tan encaixadas entre montañas, con socalcos, bancais, que nos permiten ver esas follas reviradas, madurando nos viñedos, un espectáculo cromático, de sentidos, olores e os famosos godello e mencía de Valdeorras», engadiu.

Despois deu lectura do pregón no que afondou na esencia da cultura do viño desta terra. Falou da pegada romana e do godello, que «leva o ADN de Valdeorras».

«Bebamos e comamos co pan da terra, que xa se sabe que con pan e viño faise o camiño, e os camiños de Valdeorras sempre levan a Roma», concluiu para declararse valdeorrés de corazón.

Publicidad