Villarino gaña as primarias do PSOE en Ourense

Publicidad

Acadou 709 votos fronte aos 516 de Alfredo García

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou este domingo a xornada de votación entre a militancia en 22 centros repartidos por toda a provincia, para a elección do secretario xeral e da lista de delegados e delegadas para o IV congreso provincial, que se celebrará na terceira cidade de Galicia a finais do vindeiro mes de febreiro.

Os resultados acadados polas dúas candidaturas rexistradas para estas primarias á secretaría xeral deron a victoria a Rafael Rodríguez Villarino con 709 votos fronte aos 516 que acadou Alfredo García Rodríguez.

Os votos en branco foron 8; votos nulos, 6 e os votos emitidos 1.239, dun censo de 1.560 militantes o que supón unha participación do 79 por cento.

Publicidad

Rafael Rodríguez Villarino valorou os resultados apuntando que os militantes apoian o modelo de partido dos últimos catro anos. «Foi unha campaña decorosa», manifestou. Deu as gracias aos equipos de traballo de ambas candidaturas e deixou claro que «entre todos estamos facendo un partido socialista mais forte, exemplo de participación e de democracia en Galicia e en España. O PSOE é imparable. Empeza unha nova etapa cun partido cohesionado, cun modelo apoiado. O partido está unido».

Pola súa banda, Alfredo García felicitou a Rafael Rodríguez Villarino. Sinalou que a experiencia de concurrir como candidato foi moi positiva. «Percorrín a provincia durante 10 días pedíndolle aos compañeiros e compañeiras que falaran e falaron. Perdimos claramente. Pero gracias a nosa participación fomos quen de que se movilizaran os militantes. Quedamos con boas sensacións, esa cercanía cos militantes. E isto é o positivo. A vida sigue e o partido ten que seguir. O partido non é unha persoa senón que ten moitos anos e historia».