Do 22 de xaneiro ata 8 de maio celebra os XXII Encontros Familia Escola cun programa de conferencias no Teatro Lauro Olmo
Vagalume cumpre 25 anos, asociación fundada por un grupo de profesores, pais e nais. Das primeiras personas que puxeron en marcha o colectivo, algunhas «deixaromnos prematuramente», di o colectivo, como Ricardo Fernández Rivera, José Paradelo Arias, Clemente Macías Fernández, María Teresa De Vega (Patere). Contaba con representación de todas as Anpas de Valdeorras e durante todo este tempo desenvolveu unha función cultural, educativa e social.
Vagalume levou a cabo programas pioneiros como o apoio ao alumnado inmigrante e outros colectivos con dificultades da aprendizaxe, anticipándose ao que en anos posteriores sería o programa PROA da Consellería de Educación, programa de acompañamento ao alumnado que por diversos motivos perdían o dereito temporal á escolarización.
Foi un hito chegar a reunir máis de 1000 persoas lendo ao mesmo tempo nos Maratóns de lectura de toda a comarca. Tamén hai que citar os campamentos de verán que reúnen na actualidade a más de 200 nenos e nenas nos meses de xullo e agosto. «Estamos satisfeitos e Valdeorras valora todo o traballo realizado ata o momento», expón Vagalume.
O programa estrela de Vagalume son os Encontros Familia-Escola, xerme do interese por acadar unha educación da mellor calidade posible tanto dentro da familia como da escola, que teñen achegado ao Barco aos principais representantes nacionais e algún internacional (como Francesco Tonucci) do mundo da Educación, da psicoloxía, Psiquiatría, Socioloxía.
Este ano os Encontros Familia-Escola comenzarán o 22 de xaneiro ata o 8 de maio. Continuarán coa temática de saúde mental e benestar emocional infantoxuvenil, «Educando saludablemente 2.0». Haberá un interesante programa de conferencias no Teatro Lauro Olmo, todas elas as 19,30 horas.

Comenzará con Eloy Moreno, coa conferencia «Non me En-Redes». Recibirá o «Vagalume Douro» pola súa contribución á loita contra o acoso escolar (“Invisible”) e o abuso das redes sociais (“Redes”).
Vagalume agradece a Rosa Molina, psiquiatra namorada de Valdeorras, a súa aportación. Falará (o 25 de febreiro) de «Os microtraumas e o seu impacto no benestar emocional».
Manu Velasco falará o 11 de marzo de “Educar coas outras TIC (Tiempo, Interés y Cariño). Este mestre, veciño do Bierzo, é un referente en educación e transmite ilusión, creatividade e pasión en todo o que fai».
Rafa Guerrero pronunciará unha conferencia o 27 de marzo sobre «Crea un vínculo san co teu fillo/a e favorece a súa autonomía, regulación emocional e autoestima».
Xurxo Mariño, biólogo humanista e divulgador, colaborador de diversos medios e revistas especializadas, e en programas de televisión como Órbita Laika, exporá o 9 de abril «Neuronas para a emoción».
Iñaki Zubizarreta transmitirá a súa experiencia sobre acoso escolar e como superala (Haberá unha sesión especial para o alumnado pola mañá).
Álvaro Bilbao falará o 8 de maio de «Educar en positivo».
Vagalume agradece a colaboración, para poder organizar os encontros, da Deputación de Ourense, Concello de O Barco, Iberdrola, Clúster da Pizarra, Pazo do Castro e Godeval.