Unha rede xigante «tece» a cultura galega festexando as Letras Galegas no Malecón do Barco

Publicidad

Forma parte da campaña «Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, feita polos equipos de Dinamización Lingüística e centros escolares do Barco Rubiá e Sobradelo

Unha grande rede, xigante, pendurada das árboles do Malecón do Barco recolle o traballo dos equipos de Dinamización Lingüística para celebrar as Letras Galegas 2023. Esta iniciativa forma parte das actividades da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, promovidas por centros escolares e institutos do Barco, Rubiá e Sobradelo.

O homenaxeado, Francisco Fernández del Riego, foi un conector fundamental dos fíos da cultura galega do século XX e o título da campaña «tecedor de redes» fai referencia a isto. Pendurada desta rede están todos os homenaxeados das Letras Galegas xa que del Riego foi o seu principal impulsor.

Publicidad

A rede amosa con debuxos e obras artísticas os autores homenaxeados ao longo dos 60 anos de celebración do Día das Letras Galegas, sendo protagonista Francisco Fernández del Riego promotor desta festa da lingua.

Publicidad
Publicidad

Os centros participantes son CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo, Colexio Plurillingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo e IES Martaguisela, ademais de colexios de Rubiá (CEIP Virxe da Encina) e Sobradelo (CPI Tomás Terrón Mendaña).

A mostra pódese visitar durante o mes de maio.