Proxecto Lugares: O deseño dun lugar en Larouco

Publicidad

Este sábado preséntanse os resultados do traballo desenvolvido, a maqueta dunha intervención arquitectónica que se podería implantar no territorio 

O Proxecto Lugares presentará o sábado, nas covas de Seadur (Larouco), a partires das 18,00 horas, as súas conclusións e o resultado do deseño dun lugar, a proposta e maqueta dun novo espazo público.

Seadur (Larouco) acolleu este venres, 21 de abril, a segunda xornada do taller do Proxecto Lugares, a iniciativa de pensamento e debate que aborda, a través da hibridación de disciplinas e dun xeito sostible, a transformación do espazo público polo que transcorre o Camiño de Santiago. 

A xornada de hoxe contou ca participación do alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, como profesional e artista local invitado. Afondou no traballo e trato dos materiais, xa que unha das partes fundamental deste proxecto é que as e os participantes coñezan os materiais do territorio, para que formen parte desa proposta final que formularán.

Publicidad

Tamén visitouse durante esta xornada o taller de arte de Cochorro, en Rubiá, artista recoñecido e destacado de Valdeorras.

O proxecto, impulsado pola Xunta de Galicia e pola Fundación La Caixa, celebra estes días un taller nas covas de Seadur, no que as e os participantes -un grupo conformado por profesionais da arquitectura, deseño, paisaxe, artesanía e comunidade local- están a traballar en común coa finalidade de imaxinar e deseñar, xuntas, unha intervención arquitectónica que se podería implantar no territorio. 

Nesta segunda xornada de taller en Seadur, o grupo consensuou os criterios base que conformarán ou definirán a posible maqueta. Este punto de partida serviu para que, en horario de tarde, e distribuídos xa por áreas profesionais, cada grupo traballase sobre a representación ou visualización dos posibles espazos ou propostas, así como os elementos e materiais que se deberían ter en conta para a mesma. Así, abordaron os aspectos ambientais, materiais, culturais e estruturais da iniciativa. 

Logo dunha posta en común, e coa intención de encaixar unhas propostas con outras, o grupo traballará durante toda a xornada do sábado para concluír a súa proposta, que suporá o peche do taller.