Patricia Lamela (PP): «A miña prioridade é que Larouco non morra»

Publicidad

A candidata presentou o seu programa nun mitin que contou ca presencia da conselleira Fabiola García e o presidente provincial popular, Manuel Baltar

A candidata do PP a alcaldía de Larouco para as próximas eleccións municipais, Patricia Lamela, celebrou un acto no Centro Cultural da localidade no que participaron o presidente do partido provincial, Manuel Baltar e a conselleira de Servizos Sociais, Fabiola García. Estiveron tamén o delegado da Xunta, Gabriel Alén e os candidatos da Rúa e Trives, entre outros.

Patricia Lamela iniciou a súa intervención afirmando que a lista do PSOE «non é para defender aos veciños, senón que é a candidatura contra alcaldesa, pero non vou a entrar nesto pois creo na política como ferramenta de traballo para buscar solucións aos veciños, non viñen a política a insultar sobre a vida de ninguén».

Dito esto, a actual alcaldesa de Larouco fixo un repaso a súa xestión municipal, lembrando que «as portas do Concello están aberta sempre para coñecer as contas municipais».

Publicidad

Explicou que desde o Concello se tramitaron 113 subvencións que moveron 1.830.000 euros para crear servizos e citou as liñas mestras do seu programa, recalcando a importancia da colaboración coa Deputación e coa Xunta de Galicia para “seguir construíndo Larouco”.

“Melloraremos a protección e axuda á familia, ampliando a oferta de vivenda social ademais de reforzar a atención aos nosos maiores”, sinalou Patricia Lamela, que tamén avanzou que “traballaremos para mellorar os niveis de comodidade de todos os nosos veciños”. Dixo que xa se está tramitando o programa Xantar na Casa.

«Somos, fumos e seremos viño, e imos seguir potenciando este sector», apuntou.

A candidata do PP apostou por reforzar as liñas de cooperación cos emprendedores: “Declararemos ao Concello de Larouco como un Concello Emprendedor» e dixo que a súa prioridade e dotar de servizos a Larouco «para que non morra».

Tamén falou da revitalización do patrimonio no municipio, ca posta en valor do Castrillón e lagares rupestres, e dixo que continuará apostando pola cultura.

E comentou que a pandemia «púxonos a proba pero demostrou que como aiquí non se vive en ningures».

Pola súa banda, o presidente do PP provincial, Manuel Baltar, remarcou “o excelente traballo de Patricia Lamela ao fronte do Concello de Larouco nestes últimos catro anos”.

“O 28 de maio, Patricia Lamela reforzará a súa maioría e seguirá catro anos máis coma alcaldesa de Larouco, despois dunha xestión que a acredita como unha solvente líder municipal e unha potente fonte de proxectos”, suliñou Baltar.

Neste tempo, lembrou Manuel Baltar, Patricia Lamela ten asumido tamén responsabilidades orgánicas dentro do Partido Popular, “dada a súa condición de defensora e dinamizadora do medio rural, do que xa é sen dúbida un referente municipal”.

A aposta de Patricia Lamela «é unha aposta gañadora, e Larouco ten á súa disposición á mellor alcaldesa posible para seguir facendo máis concello”, dixo Baltar. E matizou, «PP e o Partido de Patricia».

Indicou que A Deputación de Ourense precisa de proxectos municipais ben deseñados, para poder establecer liñas de colaboración e avanzar no seu desenvolvemento.

«Este é un camiño que ten ben recorrido o equipo de Patricia Lamela, con probada capacidade para tecer vías de cooperación co goberno provincial e a Xunta de Galicia”, puntualizou.

Finalmente, Fabiola García, falaou do perfil de Patricia Lamela, unha muller loitadora para achegar servizos a Larouco, «unha máquina de pedir», bromeu, facendo alusión das visitas constantes a sede da Xunta en Santiago para solicitar servizos para o seu municipio.

O mitin rematou cunha degustación dunha paella feita a porta do centro cultural e pinchos.