O proxecto «Ruauga» recibe 300.000 euros para a produción sostible de auga rexenerada na EDAR da Rúa

Publicidad

O obxectivo desta iniciativa, na que participa a Deputación de Ourense a través do Consorcio de Augas de Valdeorras, é garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico no municipio

Publicidad

O proxecto “Ruauga”, no que participa a Deputación de Ourense a través do Consorcio de Augas de Valdeorras, ven de ser seleccionado polo xurado do Proxecto Demos como un dos tres beneficiarios dunha dotación de 300.000 euros, co obxectivo de medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en tres comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes.

Nunha decisión que se fixo pública esta mañá, o proxecto Demos recoñece ao Consorcio de Augas de Valdeorras, que está traballando na implantación dun sistema de produción sostible e cogobernanza de auga rexerada na EDAR da Rúa.  

O obxectivo de “Ruagua” é garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico na contorna da Rúa. O proxecto conta cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas no contorno da EDAR. 

Publicidad

Xunto á iniciativa do Consorcio de Augas de Valdeorras foron seleccionadas nesta convocatoria do Proxecto Demos os plans “Naturalia Bureba”, que se desenvolverá en Bugedo (Burgos) e “Innovación Gastronómica”, que se implementará en Cuevas del Becerro (Málaga). 

162 candidaturas procedentes de 16 comunidades autónomas

Os tres proxectos gañadores foron seleccionados entre nove proxectos finalistas o pasado 31 de marzo, nunha xornada celebrada na sede de Cotec, en Madrid, ante un xurado composto por 13 persoas. Os nove finalistas foron seleccionados entre un total de 162 candidaturas, procedentes de 16 comunidades autónomas e 42 provincias.

Segundo recolle a nota de prensa de Cotec, o xurado encomiou a calidade das nove propostas finalistas e a deliberación, que requiriu analizar con detalle as memorias presentadas, prolongouse durante varios días. Os outros seis proxectos finalistas foron “Circular Fungi” (Pradejón, A Rioxa), “Sialcis” (Somiedo, Asturias), “Del Bosque a tu casa” (Molina de Aragón, Guadalaxara), “Alimentación Circular” (Fasnia, Tenerife), “Comillas, recicla por lo que importa” (Comillas, Cantabria) e “Montitxelvo Circular” (Montitxelvo, Valencia).

Desenvolvemento sostible O Proxecto DEMOS forma parte do Plan Allen da compañía IKEA -Membro Conselleiro de Cotec-. O Plan Allen é unha iniciativa de IKEA para contribuír á recuperación da economía e a sociedade española. O seu principal obxectivo é crear emprego e promover a xeración dun desenvolvemento sostible. O Plan Allen desenvolverase entre 2022 e 2025. Ademais de Cotec, forman parte do Plan Allen outras tres entidades: WWF, FADEMUR/FADEMUR e ASHOKA.