O candidato a Alcaldía de A Rúa polo PP, Álvaro José Fernández, e os membros da súa candidatura, presentaron o seu programa electoral. O fixeron a través das redes sociais. Ideas, ilusión e, principalmente, gañas de traballar polo pobo marcaron a confección deste documento, segundo manifestaron. Ademais, para elaboralo tamén se tiveron en conta as suxerencias aportadas polos veciños e veciñas de A Rúa.
O PP invitou ás veciñas e veciños a coñecer o seu programa e reflexionar sobre que modelo de A Rua queren para o presente e futuro.
Os Populares se comprometen a executar un amplio programa medioambiental e turístico para poñer en valor os recursos naturais do municipio. Así, plantexan levar a cabo unha limpeza e acondicionamento de tódolos rincóns e áreas recreativas do pobo; mellora de O Aguillón e aposta polo Camiño de Inverno con a dotación dun novo acceso ao pobo que evite o risco de atropelamento para os peregríns. Tamén aposta por abrir unha oficina de turismo na vila.
Outa prioridade pasar por convertir o centro urbán nun espazo vivo con proxectos dirixidos a reforzar a relación coa veciñanza; impulsar alternativas para os emprendedores, a mocidade e o comercio , entre outros moitos sectores para dinamizar a vida social e económica de A Rúa.
A claridade na xestión e nas contas do Concello é unha das promesas do equipo “popular” que lidera Álvaro José Fernández. “Non queremos que se reproduza o momento actual do Concello, cun feito que pode calificarse de moi grave: A Xunta bloqueou as subvencións ao Concello de A Rúa debido á súa pésima xestión”, din os Populares.
O PP ten claro que o que “mais nos importa son os feitos, facer e fomentar iniciativas positivas para o Concello”, contan. Por este motivo, “apostamos por unha maioría absoluta porque se algo nos demostra o pasado do noso pobo é que as coalicións só dificultan o crecemento”.
Os Populares de A Rúa, agradecen as aportacións que os veciños e veciñas fixéronlles chegar tanto no buzón de suxerencias que habilitaron na súa sede como por vía electrónica. Esto posibilitou que moitas das inquedanzas da poboación se recollesen no programa.