O PP comprométese a saldar a débeda histórica en infraestruturas en Valdeorras

Publicidad

Xosé Manuel Merelles acompañado da conselleira Ethel Vázquez lamentou os reiterados incumprimentos de Pedro Sánchez coa comarca en materia de conexións viarias e ferroviarias citando a A-76, a N-120 e a circunvalación, entre outras

“O único garante de que se salde a débeda histórica con Valdeorras en materia de infraestruturas é un Goberno da Xunta con Alfonso Rueda á cabeza”. Así o manifestou no Barco de Valdeorras a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que acompañou ao número 11 da lista do PP por Ourense, Xosé Manuel Merelles, nunha comparecencia informativa ante os medios na que tamén participaron o alcalde de Ponferrada, Marco Morala e o deputado no Congreso, Celso Delgado. 

Xunto a eles, tamén estivo Manuel Núñez, voceiro do PP na vila barquense e a alcaldesa de Carballeda e delegada da Deputación por Valdeorras, María del Carmen González.

Xosé Manuel Merelles abriu o acto sinalado que se Valdeorras ten o «sanbenito» de que está lonxe, e é pola deficiencia en infraestruturas para o seu desenvolvemento e para a comunicación tanto co resto de España como co resto de Galicia.

Publicidad

«Todos coñecemos o estado de abandono da N-120 e do ferrocarril que nos une con Madrid ou co resto de Galicia. Este abandono viuse incrementado despois da pandemia sen recuperación de servizos e cremos que é unha eiva fundamental para o desenvolvemento económico da comarca. Ademais, tanto o desenvolvemento industrial como a proxección turística que podería ter a comarca, vese perxudicado polo estado das infraestruturas”.

Tamén Celso Delgado falou do abandono do estado das infraestruturas da comarca de Valdeorras, por parte do goberno socialista «coa colaboración do BNG; matizou, «porque, aínda que non está no Goberno, co seu voto apostou pola investidura de Pedro Sánchez”. Ademais criticou o mal estado da N-120 e o proxecto de mellora pois “están sen licitar os carrís de adiantamento do Alto da Guítara ata Ourense”, engadiu, citando tamén o retraso da circunvalación no Barco e os retrasos de A-76. a

Pola súa banda, o alcalde de Ponferrada, Marco Morala, falou das infraestruturas ferroviarias e a conexión por autovía entre Ponferrada e Valdeorras para revitalizar dúas comarcas irmáns e fixar poboación.

A conselleira lamentou o “deplorable estado das comunicacións viarias e ferroviarias, que condena a Valdeorras a un illamento inxusto”. Un illamento que, segundo asegurou, “supón un auténtico lastre para a competitividade económica da zona e para a calidade de vida dos seus veciños” o PPdeG lamentaron, ademais, que o Goberno de España non estea a cumprir cos municipios valdeorreses. Un incumprimento que se produce en total connivencia co BNG posto que no pacto para a investidura de Sánchez que este partido asinou co PSOE “non se recolle ningunha destas demandas”, apuntou.

Turismo

Durante a rolda de prensa no Barco, a conselleira quixo poñer en valor que Valdeorras é, grazas ao sector da lousa, unha das zonas de Galicia con maior capacidade para xerar riqueza e maior dinamismo industrial. Tamén o ámbito vitivinícola supón un puntal para a economía da zona.

Expresou que non pode haber un desenvolvemento turístico óptimo nin oportunidades para os emprendedores “que tiran do PIB e crean postos de traballo en Valdeorras, se o Goberno de España non impulsa a comarca coas novas infraestruturas que precisa e co mantemento axeitado das que xa existen”, sinalou a conselleira.

Dende o PPdeG lembran que Sánchez, respaldado polos seus “socios independentistas do BNG” non deu nin un só paso para “avanzar na autovía A76 para unir Ourense con Ponferrada”. Trátase dunha infraestrutura vital para vertebrar a Galicia central e interior conectándoa coa Meseta.

Tras insistir en que no pacto de investidura que asinaron os socialistas co Bloque, para esta lexislatura, “non aparece nin unha soa referencia a A-76 nin á comarca de Valdeorras” e denunciar que “nos diferentes gobernos de Sánchez non se impulsara de ningún modo a A-76, unha infraestrutura que non ten ningún treito en servizo, nin en obras nin en contratación”, Ethel Vázquez lamentou que se perderan cinco anos determinantes para o avance de Valdeorras. “No último lustro non se fixo nada, foi un tempo totalmente perdido para as comunicacions desta comarca”, afirmaron os populares.

Paralelamente, os membros do PP que compareceron na rolda de prensa, tamén aludiron á “sangrante situación do ferrocarril, con retrasos nas obras da liña Ourense-Monforte-Lugo ou no corredor atlántico”, o que na práctica significa “un desmantelamento dos servizos de tren”.

Compromiso do PP coa comarca

Fronte ao abandono e desprezo do goberno socialista, en complicidade co BNG —argumentou a conselleira— , reafirmou o compromiso dos populares por continuar loitando por unha mellora das comunicacións para a comarca. “Imos apoiar con contundencia os intereses desta zona de Galicia perante o Goberno de España, defendendo a mellora da rede viaria e das comunicacións ferroviarias”, suliñaron.