O novo parque infantil do Paseo do Malecón do Barco terá tirolina

Publicidad

O Concello adxudicou a obra da ampliación, que contará con novos tobogáns e xogos

O Concello do Barco adxudicou hoxe á empresa MyParque a ampliación do Parque Infantil do Paseo do Malecón, cun custo definitivo de 93.458 euros. As obras, cuxo prazo de execución é de 3 meses, consistirán na ampliación do parque infantil actual, situado no Malecón, preto da explanada da festa, con novos elementos que se ubicarán no espazo antes ocupado polo skate.


Os novos elementos inclúen tubos, tobogáns e diferentes xogos. O chan será acolchado, como o que xa está instalado nas inmediacións. O parque actual será reparado, e se engadirán algúns elementos novos para substituír a parte dos actuais.

Ademais, na mesma zona colocarase unha tirolina de 22 metros de larga para completar as novas instalacións infantís. A tirolina, que
non se inclúe dentro do orzamento de adxudicación da ampliación do parque, suporá unha inversión de case que 13.000 euros. Instalarase ao mesmo tempo que o novo parque.

Publicidad