O faiao indefinido disfrázase no Entroido

Publicidad

«Un misterioso ser, entidade, ovni, santa compaña ou espíritu de entroido invade unha casa en Viana do Bolo»

Estanse producindo uns «fenómenos inauditos» en Viana do Bolo, algo moi evidente pasa á vista de todos, pero ninguén sabe que é ou como se produce este feito.

Dende hai tres anos, máis ou menos, no faiao dunha casa de Viana do Bolo polas noites, escóitanse potentes ruidos e aparecen luces moi estranas, en movemento, como podemos observar…

Nun principio empezou a desaparecer unha pequena parte do tellado, pero según foi pasando o tempo foi desaparecendo casi toda a cuberta, e como «complemento» tamén as paredes, como se de pronto cambiara a propia natureza da materia que ocupaba o sitio e deixara o espazo para que aterrizara posteriormente un ovni, un obxecto raro que non se pode definir, ou algo así.

Publicidad

Un veciño cercano, “Don Ramonín”, observou hai tempo como «desaparecían antes as paredes que o tellado«, que quedou como flotando ou suspendido no aire. E pon de antiexemplo o seu antigorro sen parte de arriba como paralelismo ao acontecido no faiao.

Logo aparecían misteriosamente plásticos, lonas, rodas e obxectos estranos, irrecoñecibles ou sin identificar, cubrindo os «ocos» que ían aparecendo e que cada día eran máis, como querendo esconder algo…

Á xente non lle cuadraba, «¡qué carallo era eso!» que ía aparecendo, como si algo extraordinario ou doutra dimensión estivera nacendo, crecendo ou aparcando na azotea.

Actualmente, o aspecto xeral que produce nunha primeira visión seméllase a unha “futurista chabola de altura”, onde todo o que antes había quedou en nada, ou nesa estrana visión onírica.

Non se pode tomar a broma este misterio, porque xa houbo unha veciña a quen ¡lle deu un patatús o velo!

Os paisanos pregúntanse que ocurirá dentro… que parece unha «metamorfose extrasensorial».

Un famoso investigador de estos misterios afirma enérxicamente que o que hai dentro ¡é un pulpo! que vai crecendo pouco a pouco e devorando e absorbendo todo, e que colle esa estrana forma que agora vemos, para disimular…e non revelar a súa auténtica natureza

E non lle faltaba razón, xa que posteriormente emitiuse por televisión (en varios canais) un video cas imaxes do interior na que se aprecian parte das patas de ese ser, entidade ou pulpo

Hai pouco, esos canais de televisión que cubriron a noticia, con algúns veciños, “atrevéronse a entrar e filmar” o interior da «creación» esa, ainda por identificar e investigar…

Nesta instantánea podemos observar as caras atónitas dos veciños da casa despois de visitar o interior do “estrano organismo” que xurdiu como por arte de maxia.

Tamén asustouse e deprimíuse moito a presentadora dun programa da televisión cando se atreveu a ollar algo do suceso, ainda que eran imáxenes retransmitidas a distancia dende o lugar dos feitos.

E ainda máis, ao ver caer cachos xigantes dos brazos do pulpo á calle, como vemos na captura da foto do video retransmitido dende un canal televisivo. E esto sí aconteceu de día, xa que pola noite a xente xa non se atreve a pasar cerca do lugar, vallado por si as moscas…

Contan que estiveron dentro dous inspectores investigando, pero que en vez de pisar en firme o chan do fenómeno este, eran trasladados inconscientes inmediatamente ao piso inferior (como se caeran entre as filas de madeiros do chan dunha casa vella) como si de un viaxe espacio-temporal se tratara, como si houbera un chan blando, xelatinoso, dun material distinto a todo, estrano ou doutro planeta…que os atrapou e succionou hacia abaixo sen remedio…

Logo afirmaron que podían ser a influencia do «ente misterioso», que non quere observadores nin visitas ao seu niño. ¡Menos mal que caeron en blando!, afirman, na colada da roupa recién sacada da lavadora, xa planchada e ordenada encima da cama.

Entre os variopintos elementos que descubriron escondidos no patio traseiro da casa, observouse que había unha lancha e aseguran que ao principio de estos sucesos viron un ser estrano pilotándoa e que seguramente foi como se transportou o suposto «ser» ou «pulpo» que habita misteriosamente agora nesa nova dimensión.

Nos últimos días, despois de darse a coñecer o caso públicamente, moitos lugareños optaron por unirse e rezar xuntos sistemáticamente, a ver se así se atopaba unha solución divina ou ver paradóxicamente que no lugar dos feitos todo vai decrecendo e desaparecendo, pero a vez crecendo e aparecendo noutras dimensións.

¡Última noticia! Ainda está por afirmar si realmente están xurdindo das paredes de toda a casa, a partir das  humidades (este organismo ao parecer necesita máxima humidad para poder vivir e desenvolverse) creadas nestos tres últimos anos sen teito, unhas caras como as famosas «caras de Bélmez». Son, ao parecer, imaxes de rostros que se parecen moito a coñecidos paisanos do pueblo.

Aquí dous recortes de estas escalofriantes imáxenes que compartiron varios dos que se atreveron a entrar nesa “nova dimensión”. Dícese que apareceron moitas mais, pero ainda non filtraron as fotos. Parece que o ente a través de estas imáxenes transplantadas estase apropiando do seus espíritus…

Non habendo por agora máis noticias do asunto, e que ao parecer ainda está sen unha perspectiva clara de solución, esperemos un final exitoso desta misteriosa metamorfose do faiao na casa encantada, indefinida, atemporal, misteriosa, crecente ou decrecente, según se mire…