O documental «As Covas de Valdeorras» proxectarase na Rúa, Seadur e Vilamartín

Publicidad

É unha iniciativa da Ruta do Viño da Valdeorras e foi dirixido pola ruesa Cristina De la Torre

O documental «As Covas de Valdeorras», dirixido por Cristina De la Torre, de 30 minutos de duración, proxectarase na Rúa, Larouco e Vilamartín. Na Rúa será no bar Retorno, o xoves 20 de xullo, ás 21,00 horas, na nova zona de cata, a entrada é libre e posteriormente seguiralle unha cata cun custo de 25€.

O venres 21 estreárase en Seadur (Larouco), ás 20,30 horas no exterior da Cova da Xabreira, a entrada é libre ata completar aforo, para este pase contan coa colaboración do Concello de Larouco.

Publicidad

A finais do mes de xullo, concretamente o venres 28, será o turno de Vilamartín, as 22:30 horas na zona do Bañadoiro.

Publicidad

O proxecto é unha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras co apoio da Deputación de Ourense. Hoxe tamen  se presentou o spot das covas que se pode ver nas redes sociales da Asociación Ruta do Viño ou a través da seguinte canle: