O conselleiro de Economía presentou en A Rúa os «coworking»

Publicidad

Francisco Conde: «Os espazos de emprendemento son unha oportunidade para o rural que xeneraron 89 empresas na provincia de Ourense»

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, estivo en A Rúa para presentar os novos espazos de emprendemento coworking, que cumple a sexta edición, que vanse desenvolver na comarca de Valdeorras; a Mancomunidade do Carballiño (con sede no Irixo) e Tecnópole (en San Cibrao das Viñas).

Na presentación dos coworking estiveron o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, o alcalde de Irixo, Manuel Cerdeira; Lois Barro, mentor de la Escuela de Organización Industrial (EOI) na Rúa; Fernando Guldrís, director do Igape; David Cano e Javier Taibo, mentores da EOI da comarca de Carballiño e Tecnópole, respectivamente, e personas inscritas nos coworking de Valdeorras.

Tamén interviron Álvaro Resines e Arancha Jiménez, representantes de empresas desenvolvidas a través dos coworkings, quenes relataron a súa experiencia.

Publicidad

O conselleiro de Economía agradeceu a colaboración do presidente da Mancomunidade de Carballiño e aos alcaldes de A Rúa y O Irixo nesta nova edición dos coworking e citou a labor do director do Igape, que coordina os 11 coworkings en Galicia.

Conde tamén tivo palabras para o delegado da Xunta, Gabriel Alén, pola súa implicación neste eido pois «é un convencido destas iniciativa e xa tivo ocasión no pasado de coñecelas de primera mán e está incorporando unha visión moi interesante que é a colaboración entre os tres coworking a través da Delegación Territorial para que teña alcance provincial». Avanzou que se compartirán experiencias e medios entre os 11 coworking que se van desenvolver en Galicia.

O conselleiro de Economía detallou que a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Xunta tiveron claro que o emprendemento tamén se podía desenvolver no rural e, polo tanto, «o rural tiña que ter unha oportunidade para impulsar novos proxectos».

Dende que naceron os espazos de emprendemento houbo 384 novas iniciativas empresariais coa creación de 624 empregos. O 54 por cento dos proxectos se consolidaron como empresas. Un balance mais que positivo. «O obxectivo final do coworking é como madurar unha idea para que se concrete en empresas, que ningún proxecto que poda ser viable quede nun caixón por falta de apoio, de mentorización e orientación», salientou Francisco Conde.

«Imos favorecer o emprendemento femenino»

Nas cinco edicións dos coworking, na provincia de Ourense se crearon 89 empresas e 122 postos de traballo. «Os coworking deben servir para a cohesión territorial, teñen a vocación de ofrecer oportunidades no rural. Ademais favorecen o emprendemento femenino, que as mulleres podan liderar este cambio de cultura no emprendemento. De xeito, case a metade dos participantes son mulleres», dixo Conde.

Neste senso, salientou que dende a Xunta de Galicia xa se están a levar a cabo outras iniciativas como un programa de capacitación dixital no que van a participar más de 10.000 mulleres do rural galego, a través da Consellería de Emprego e Igualdade.

«Imos favorecer o emprendemento femenino. As mulleres teñen que o seu protagonismo», engadiu.

«Fago un último chamamento para os proxectos que queiran incorporarse»

O conselleiro de Economía afondou nos modelos de coworking, que «son útiles para desenvolver ideas ca axuda dos mentores. Cada proxecto ten un tratamento a medida sobre as súas necesidades, cada un ten tratamento diferenciado. Os coworking están demostrando a súa utilidade, convertindo ideas en proxectos», remarcou.

Ata de agora, hai 57proxectos empresariais inscritos nos coworking: 18 en Valdeorras; 20 en Carballiño e 15 na Tecnópole, con mais de 230 personas vinculadas a eles. «Fago un último chamamento para os proxectos que queiran incorporarse», sinalou en alusión a que o prazo péchase xa nuns días.

Nova axenda de emprendemento

Francisco Conde dixo que a Consellería de Economía está absolutamente volcada no emprendemento porque entende que é un camiño claro non só para a recuperación económica no contexto post-covid senón tamén «porque axuda a consolidar unha nova cultura de emprendemento, dende o punto de vista do papel que o rural ten neste novo contexto».

Por iso —engadiu— o Igape está elaborando unha nova axenda de emprendemento que vai recoller itinerarios e instrumentos de apoio específicos vinculados con proxectos nos que a innovación, dixitalización e sostenibilidade serán un elemento diferencial.

Pola súa banda, Álvaro Fernández, alcalde da Rúa, destacó a importancia desta iniciativa para os emprendedores, que son «necesarios para xerar riqueza e emprego». E dixo que os coworking tamén teñen unha vertente para correxir debilidades en empresas de recente creación para pontencialas. Agradeceu á Xunta a súa colaboración para desenvolvelo en Valdeorras.

Na presentación se afondaron nas ventaxas deste interesante proxecto para emprender.