O Concello do Barco saca a concurso a mellora das rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e A Veiguiña

Publicidad

As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 12 de xuño

O Concello do Barco publicou hoxe na sede electrónica o concurso para a adxudicación do proxecto de pavimentación, saneamento, abastecemento e pluviais nas rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e A Veiguiña. O orzamento das obras é de 190.000 euros, e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 12 de xuño. O prazo de execución dos traballos é de 4 meses desde a adxudicación dos mesmos.

A presentación de proposicións e documentos para este procedemento realizarase exclusivamente a través da Plataforma MERCURIO, na dirección web http://mercurio.altia.es/sle_Internet/concelloobarco, onde tamén se atopa toda a documentación relativa a este concurso, os anuncios de licitación, os proxectos e os pregos técnicos e administrativos.

Na rúa da Ribeira, as obras comezarán coa demolición do pavimento existente en calzadas e beirarrúas no tramo afectado polas obras e a
substitución das redes de abastecemento, saneamento e pluviais. Así mesmo renovaranse os elementos asociados ás mesmas: acometidas domiciliarias, baixantes, sumidoiros, pozos de rexistro, arquetas, válvulas, etc. Procederase ao rasanteo do terreo e realizaranse a ambos os dous lados beirarrúas de plaqueta hidráulica similar á existente, e se fresará e repoñerá o firme de aglomerado ao longo e ancho da calzada.

Publicidad

Na marxe esquerda do tramo final da Rúa A Ribeira existe un tramo sen pavimentar, polo que se procederá ao saneo do mesmo, e ao recheo e compactado do terreo e á execución dunha rígola de formigón de 30 cm contra o muro existente, para evitar que as augas de choiva poidan afectar ao mesmo. Se fresará todo o ancho da rúa e procederase ao estendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en todo o ancho existente, incluída aparte saneada ata a rígola de formigón executada. Por último, pintarase un paso de peóns e colocaranse os sinais correspondentes.

En Soto de Yáñez levarase a cabo a renovación dos servizos que decorren pola marxe dereita da mesma. Para iso comezarase coa execución das gabias de sumidoiros e abastecemento e a substitución das conducións de abastecemento actuais por outras novas, e tamén se renovará a rede de saneamento, conectando ambas ás redes actuais. Tamén se substituirán os elementos asociados ás mesmas: acometidas domiciliarias, baixantes, sumidoiros, pozos de rexistro, arquetas, válvulas etc. Posteriormente repoñerase o pavimento afectado polas gabias.

Na Rúa da Veiguiña está prevista a renovación da beirarrúa e os servizos da marxe dereita da mesma. Comezarase pola demolición do pavimento existente nas beirarrúas, e a substitución das redes de abastecemento e saneamento. Substituiranse a tubaxe de abastecemento
actual por outra nova, e a rede de saneamento por unha condución nova, conectando ambas ás redes actuais. Así mesmo renovaranse os elementos asociados ás mesmas: acometidas domiciliarias, baixantes, sumidoiros, pozos de rexistro, arquetas, válvulas, etc. Rasantearase o terreo, e realizarase unha beirarrúa de plaqueta hidráulica similar á existente, co seu correspondentes bordo e rígola. Repoñerase ademais o pavimento de aglomerado e a pintura afectadas polas gabias dos entroncamentos dos novos servizos coas redes existentes. Por último, pintarase un paso de peóns.