O Centro Comercial Aberto repartiu os premios «Revelando a Xela»

Publicidad

Seis rapaces de centros escolares recibiron vales de compra para investir en librerías asociadas ao CCA O Barco

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco entregou os premios da campaña “Revelando a Xela”, organizada en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos barquenses con motivo das Letras Galegas 2021.

Do 14 ao 31 de maio, os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco exhibiron nos seus escaparates as fotografías, con versos da poeta Xela Arias, realizadas polo alumnado dos centros educativos.

Nesta ocasión, a Xunta Directiva do CCA O Barco, en representación do colectivo empresarial,
elixiu as seis mellores fotografías, que foron premiadas con vales de compra de 25 euros, cada un, para investir nas librerías asociadas ao Centro Comercial Aberto.

Publicidad
Publicidad

Os e as premiadas na campaña “Revelando a Xela” foron:

  • CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa: Manuel Veleda Alonso
  • CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán: Unai Fernández Álvarez
  • CEIP Otero Pedrayo: Roua Qaddur
  • Colexio Purilingüe Divina Pastora: Hainoa Núñez Orlando
  • IES Lauro Olmo: Pedro Vicente Polo
  • IES Martaguisela: Daniel Blanco López