A campaña foi organizada conxuntamente cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e os centros educativos
O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco fixo entrega dos premios da campaña “Os Vieiros de Florencio”, organizada conxuntamente cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, para festexar as Letras Galegas 2022 que homenaxearon ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
Por unha banda, a asociación premiou ás seis mellores fotografías, con versos de Florencio Delgado Gurriarán, que amosárose nos establecementos asociados participantes e que foron
elaboradas polo alumnado dos centros educativos.
Os alumnos e as alumnas premiados/as foron:
- Ana Fernández Martínez do CEIP Condesa de Fenosa
- Vega Marcos Alonso do CEIP Julio Gurriarán
- Abraham Jareb Querales Lara do CEIP Otero Pedrayo
- Mailén Aller Pfirter do Colexio Plurilingüe Divina Pastora
- Eva Álvarez Fernández do IES Lauro Olmo
- Natalia Teresa Brasa Díaz do IES Martaguisela
Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco.
Ademais, a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña na que o alumnado tivo que buscar as fotografías polos comercios e selar o folleto de participación. O folleto premiado, extraído ao azar da urna do sorteo, foi o de Cloe Yáñez, a quen se lle entregará un vale de 50€ para investir nas librarías asociados ao CCA O Barco.