38 C
O Barco de Valdeorras
miércoles, julio 29, 2026
Publicidad

O campamento de verán da Estación de Manzaneda recibe a visita do delegado da Xunta

Publicidad

Un total de 420 rapaces de 9 a 12 anos disfrutarán desta actividade ata o 31 de agosto

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse á Estación de Montaña de Manzaneda, para saudar aos participantes na segunda das cinco quendas do campamento que se está a  desenvolver nesta instalación, dentro das propostas da campaña Modo Verán Activo da Xunta, que na provincia de Ourense conta con 1.136 prazas. No caso concreto desta iniciativa, congregará a 420 rapaces ata o 31 de agosto.

O delegado explicou que esta actividade dirixida a mozos e mozas de entre 9 e 12 anos, ofrece actividades de tirolina, parque multiaventura, hípica, orientación ou piscina, entre outras. Nesta liña, concretou que os participantes neste campamento na Estación de Montaña de Manzaneda con aloxamento no Albergue Bibei, conta con comedor cuberto, pavillón polideportivo, ximnasio, spa balneario, cancha de tenis e campo de fútbol. 

Durante a visita, o representante do Goberno galego lembrou que as iniciativas incluídas neste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, están destinadas a mellorar as competencias e habilidades a través da educación non formal de maneira que os participantes coñezan a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Ourense.

Publicidad

Manuel Pardo subliñou que «con campamentos como este Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa».

Para o delegado, «o obxectivo final é garantir que as familias poidan estar tranquilas levando aos seus pequenos ás actividades da Campaña de Verán da Xunta por ser unha aposta segura de conciliación».

Modo verán activo 2026

Esta campaña, que deu comezo a finais de xuño e que se estenderá ata setembro,  alcanzou este ano as 11.932 prazas en Galicia en todas as súas modalidades (campamentos, minicampamentos «Coñece Galicia», campos de voluntariado, programas de intercambio con outras comunidades autónomas, uso de instalacións por entidades xuvenís e actividades de ocio alternativo), a cifra máis elevada da súa historia, con 300 máis que na edición anterior e cun investimento de 5,5 millóns de euros.

A maior oferta da campaña Modo Verán Activo correspondeu coa modalidade de campamentos, destinados a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, e que este ano contou con 8.050 prazas repartidas en 36 instalacións.

Tamén se lle deu continuidade ao paquete de actividades de ocio educativo, alternativo e saudable para persoas de 18 a 30 anos, que ofrece 160 prazas, e aos campos de voluntariado, destinados a persoas maiores de 18 anos, que incrementaron as súas prazas nesta convocatoria ata as 815 entre Galicia, outras Comunidades Autónomas e o estranxeiro.