O BNG solicitará no Parlamento a reapertura da Oficina Agraria de A Rúa

Publicidad

A deputada María G. Albert sinala que leva pechada dúas semanas, situación que califica de “inadmisíbel”

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, María G. Albert, solicitará no Parlamento de Galiza que se restableza na maior brevidade posíbel o servizo da Oficina Agraria de A Rúa, que leva pechada xa dúas semanas por baixa das dúas traballadoras asignadas a ela.

Albert estimou “inadmisíbel” que a Xunta de Galiza non teña cuberto falta desas dúas traballadoras nunha oficina que nos últimos anos vén sufrindo un progresivo deterioro de servizo con falta de persoal incidindo no progresivo deterioro do servizo aos usuarios e usuarias.

Publicidad

Na actualidade ese progresivo deterioro ten chegado a “límites insoportábeis” co peche sine die dunha oficina que ten a obriga de fornecer “un servizo público fundamental nunha comarca de gran vocación vitivinícola como a nosa”, asegura a deputada nacionalista.

Publicidad

O peche da oficina agraria de A Rúa está a sobresaturar de traballo á oficina de O Barco, que ten que atender tamén as necesidades dos usuarios da oficina ruesa nunha situación “absolutamente insustentábel”.

As iniciativas do BNG reclaman a recuperación pronta do servizo, a volta a
un cadro de persoal mínimo de 3 profesionais e, en resumo, a configuración dunha Oficina Agraria comarcal que cubra as necesidades dos usuarios; algo que na actualidade “non está a acontecer”, conclúe.