O BNG solicita cobertura das urxencias sanitarias na Veiga e O Bolo

Publicidad

Levará iniciativas ao Parlamento para que a Xunta explique como pode quedar cuberta a atención sanitaria dos concellos da montaña de Valdeorras

O BNG solicita cobertura das urxencias sanitarias na Veiga e O Bolo. O portavoz nacionalista do Barco, Jesús Vilasánchez, lembra que esta semana un partido político relacionou a morte dunha persona pola ausencia do médico de guardia pois non poido recibir atención sanitaria aínda que desprazouse unha ambulancia do O61 que tardou unha hora en chegar. «Esta situación non é nova, xa foi plantexada pola CIG nos últimos anos con escritos a Xerencia de Área de Ourense, Verín e O Barco; á Dirección Médica de Atención Primaria e á Dirección de Enfermería», indicou.

Suso Vilasánchez valorou que dita carencia vai contra o medio rural onde vivir pode convertirse nun perigo para personas con problemas de saúde.

Hai que ter en conta «o risco que supón por parte do PAC de Viana, unipersoal, onde hai un só médico, asumir un municipio como o da Veiga, que é enorme, con 290 kilómetros cadrados e unha densidade de 3,05 habitantes por kilómetro cadrado. Cando isto sucede, a un médico só, que é o do PAC de Viana, tócanlle 762 kilómetros cadrados de territorio de montaña e cunha dispersión poboacional moi grande”, detallou.

Publicidad

Vilasánchez advertiu que neste mes de abril “durante 15 días, os concellos da Veiga e do Bolo van encontrarse de tarde e noite sen dotación médica e van ter que ser atendidos polos PACs de Viana e do Barco”.

O BNG ten previsto presentar no Parlamento galego, a través da deputada María Albert, unha serie de iniciativas para que a Xunta explique como pode quedar cuberta a atención sanitaria dos concellos da montaña de Valdeorras, cunha dispersión moi grande de poboación e necesidades de cobertura moi diferentes ás que ten unha zona urbana.

María Albert dixo que existe un deterioro na atención sanitaria do rural galego en xeral. «A Xunta leva anos priorizando a cuestión economicista dun servizo que é un dereito fundamental da cidadanía, e entón acontecen estes problemas que son gravísimos».

María Albert dixo que Valdeorras non ten sanidade. «Queremos un futuro para o rural que pasa obrigatoriamente por ter unha sanidade de primeira”, concluiu.