O BNG propón que as axudas polos incendios cubran a totalidade da reconstrucción das casas

Publicidad

A portavoz parlamentaria do BNG lembrou que Valdeorras leva «nove días rodeada de lumes e cinzas»

A portavoz parlamentaria de Medio Rural, María Albert, empezou a súa comparecencia cunha sentida reflexión persoal como veciña de Valdeorras, “onde levamos nove días levantándonos entre lume e cinzas, cunha tremenda impotencia porque todos e todas coñecemos persoas que o perderon todo nestes incendios”, declarou.

Neste sentido, o BNG demanda que as axudas para as familias cubran a totalidade do custe de reconstrución das vivendas, sen tope, e que na aportación desas axudas contribúan todas as administracións: Estado, Xunta e deputacións provinciais.

“As axudas deben chegar ao 100% para recuperar o perdido, nin un euro menos do que as familias precisen para reconstruír as súas casas, non se lle pode poñer tope á reconstrución das vivendas sexa 122.000 euros ou a cantidade que se precise para recuperar a vivenda arrasada pola lapas”, explicou a deputada nacionalista. “Hai xente que o perdeu todo, sei que desde Santiago se ve a gravidade dos lumes, pero hai que entender como se está vivindo in situ, polo tanto as axudas non poden estar limitadas e deben cubrir o total da reconstrución das vivendas”, recalcou.

Publicidad

Para iso, o Bloque reclama a “implicación” de todas as administracións, de aí a petición de declaración de zona catastrófica para os concellos afectados tanto en Ourense como en Lugo, sen perder de vista a contribución que lles corresponda ás aseguradoras.

A prioridade é apagar uns incendios que figuran xa como os máis grandes da historia en termos de hectáreas queimadas. Por iso, a formación que lidera Ana Pontón reitera o recoñecemento ao “inmenso” traballo que está realizando todo o persoal de extinción, «cunha precariedade de medios e mesmo arriscando a súas vidas», di.

O BNG di que operativo non está operativo na súa totalidade, «porque hai brigadas con menos persoal que o que establece a normativa, faltan medios mecánicos e faltan medios aéreos, despois de que os convenios que a Xunta ten cos concellos cada ano, —o de brigadas, motobombas e de rozas—, non se asinaron até finais de xuño, provocando que en moitos casos non dese tempo a contratación necesaria para estar totalmente operativos”, explicou Albert.

Recordamos a visita da portavoz do BNG Ana Pontón ao Posto de Mando Avanzado no Barco na siguiente nova.