O BNG pide que o servizo de ambulancia UCI funcione os 365 días do ano

Publicidad

A deputada nacionalista María G. Albert levará ao Parlamento iniciativas para solicitar melloras no Hospital de Valdeorras

A deputada valdeorresa do BNG no Parlamento galego, María G. Albert, solicitará no Parlamento que a Xunta poña en marcha medidas estruturais para garantir a atención asistencial no Hospital Público de Valdeorras (HPV) «ante a merma e o deterioro continuado de servizos do que a falta de ambulancias UCI so é o último dunha secuencia continuada de agravios”.

Albert destaca que a falta de ambulancia UCI durante 11 días de xullo, e aínda non sabemos cantos de agosto —valora—, é «un feito gravísimo e imperdoábel» tendo en conta que o centro de referencia está a 120 kilómetros en Ourense. «os desprazamentos que teñan que ser urxentes se están a resolver, no mellor dos casos, nun tempo de 4 horas”, engade.

O BNG recalca que a Xunta non se pode agachar tras a falta de persoal para tentar eludir a súa responsabilidade directa na xestión dos recursos sanitarios de Galiza ante o que «é unha nova burla aos dereitos da cidadanía de Valdeorras a acceder a unha sanidade gratuíta, pública e universal”.

Publicidad
Publicidad

O BNG pide á Xunta garantías do servizo de UCI Móbil no Hospital Público de Valdeorras os 365 días do ano, que solucione de forma urxente a falta de médicos de radiodiagnóstico no Hospital e que garanta a recuperación dos servizos pechados no HPV «e que supoñen unha merma significativa da calidade asistencial na comarca de Valdeorras, agravadas pola falta de alternativas de transporte público a Ourense”, conclúe.