O BNG apoia o comercio: «Mellor local, mellor galego; aposta polo noso»

Publicidad

Iniciou unha campaña con cartaces e tamén propón que se elabore unha lei de comercio galego con axudas específicas para o sector

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar na comarca a campaña que a organización está a levar a nivel nacional baixo o lema “Mellor local, mellor galego; aposta polo noso” que entre outras medidas está a incluír o reparto de cartaces de apoio entre os distintos establecementos comerciais dos concellos valdeorreses.

Di que meste período de grandes ataques a comercio de proximidade e de quilómetro 0, desde as filas do BNG considérase fundamental que se elabore unha lei de comercio galego, que se estabelezan liñas de axuda específicas para o sector así como unha moratoria para a instalación de novas grandes superficies comerciais.

Neste contexto a deputada nacionalista Maria Albert destacou a importancia e o valor social que ten apostar por consumir produto galego, xa que “xera riqueza e emprego e reforza o comercio sustentábel”.

Publicidad

Ao tempo, ten unha iportancia capital para garantir a dinamización económica das novas vilas e localidades e, por extensión, “para garantir a nosa propia supervivencia”.

Esta campaña, que o BNG está a desenvolver a nivel nacional, ten en conta que o comercio local é un sinal da identidade e non se pode entender a vida nas nosas vilas e cidades sen este comercio.

Esta campaña de apoio ao comercio local vai polo tanto acompañada de propostas concretas que se vertebran na obrigatoriedade dunha maior implicación por parte da Xunta que vaia máis aló da mera campaña publicitaria.

Así, Albert sinala a importancia dunha nova lei do comercio local para regular horarios ou tempadas de rebaixas porque a lexislación do Partido Popular “está feita á medida dos grandes”.

“Desde o BNG —recalco— queremos unha lei que defenda o pequeno e mediano comercio galego e resulta necesaria para crear emprego e riqueza e sobre todo unha rede de distribución dos produtos galegos”.