O BNG afirma que os “Os orzamentos da Xunta e da Deputación discriminan a Valdeorras»

Publicidad

María Albert, Xesús Vilasánchez e Xosé Manuel Puga sinalan que a formación nacionalista presentará propostas e enmendas

A alcaldesa da Rúa, María Albert; o voceiro do grupo municipal do BNG do Barco de Valdeorras, Xesús Vilasánchez e deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, compareceron ante os medios para denunciar a histórica discriminación institucional que o PP exerce contra os concellos da comarca desde a Xunta de Galiza e a Deputación provincial, como se reflexa nos orzamentos da Xunta de Galiza para 2024 así como os aleatorios orzamentos do PP da Deputación de Ourense.

A alcaldesa da Rúa así o afirmou sinalando que “ os orzamentos de 2024 da Xunta de Galiza confirman o abandono de Valdeorras polo PP” sinalando que o que demostran os orzamentos presentados o pasado día 20  polo actual goberno da Xunta de Galiza, non é máis que a constatación do que o BNG leva dicindo desde fai anos, que “este goberno do PP é un goberno esgotado, sen propostas nin alternativa aos problemas reais da comarca de Valdeorras.”

Das eternas promesas feitas durante anos, sinalaba a alcaldesa nacionalista, para 2024 só figura unha pequena partida de 436.000 € para actuacións no hospital do Barco e unha declaración de intencións sobre o centro de saúde na Rúa, e que figura na memoria anexa do Sergas,  porén sen ningunha dotación orzamentaria concreta. E en canto a infraestruturas, mais alá de pequenos arranxos e “parches” que poden vir de partidas xerais de investimentos, só se recolle a mellora da OU-533.

Publicidad

Neste sentido tamén se pronunciou o voceiro do BNG do Barco de Valdeorras, Suso Vilasánchez, ante a baixisima orzamentación para o hospital do Barco. Avanzando que para o BNG do Barco é irrenunciabel  unha base medicalizada do 061 en Valdeorras e a necesaria dotación  da unidade de neumoloxía no hospital de Valdeorras, “é incocebible que a comarca con máis afectados de sileicose de todo o Estado español esté sen este servizo», puntualizou. 

O deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga, sinalou que desde o grupo provincial de Ourense se traballa para correxir a infrafinanciación coa que o PP da Deputación de Ourense dotou históricamente aos concellos da comarca Valdeorresa

“Comezando na Deputación por defender e propoñer un PLAN ÚNICO PROVINCIAL 2024 dotado de 25 M€”,  un modelo de financiamento municipal baseado no reparto de fondos proporcional e en base a criterios obxectivos, xa definidos pola FEGAMP, para que todos os concellos e con respecto á atuonomía municipal poidan planificar e decidir en que invisten. 

Publicidad

Con este modelo de financianciación obxectiva, para a comarca suporá 2.3 millóns de euros ano. “O concello que menos recibiría superaría os 130.000€ ano, o que máis 450.000€ ao ano” exemplificaba o deputado nacionalista.  Fronte ao actual modelo de financiación provincial baseado na aleatoriedade e na subxectividade que caracterizou aos gobernos do PP na Deputación de Ourense, os nacionalistas promoven un modelo garantista que permita aos gobernos municipais unha  previsión orzamentaria desde e comezo de ano.

Publicidad

Aproveitando a actual minoría do PP na Deputación fomos capaces de “forzar” unha proposta histórica ao PP, sinalou Puga, obrigando ao actual goberno a levar ao pleno do 27 de outubro unha modificación de crédito de máis de 10 millóns de euros, “un fito histórico” ao incluír, por primeira vez, un reparto de fondos para os 92 concellos da provincia.

Co novo panorama municipal e provincial do BNG tras as municipais desde ano, cunha maior presencia e incidencia municipal nos concellos de Ourense “o BNG presentará propostas e emendas aos orzamentos da Xunta , Deputación Provincial e Goberno do Estado, en canto se presenten”, sinalou Puga.

«Imos desenvolver todo este traballo en positivo, sentenciou o deputado provincial do BNG, co obxectivo claro de dar a alternativa a este goberno caduco do PP a partir do 2024», concluiu.