As clases serán impartidas no Conservatorio por unha profesora especializada e o prazo de inscripción abre este 13 de maio
O Concello do Barco pon en marcha unha Escola de Baile Tradicional Galego. As clases serán impartidas no Conservatorio do Barco por unha profesora especializada nesta disciplina.
Para este primeiro ano de actividade da Escola, está prevista a formación de catro grupos de alumnos e alumnas: Un para nenos e nenas de entre 6 e 7 anos; outro, de 8 a 11 anos; un de 12 a 17 anos e 18 anos en adiante.
As prazas son limitadas, e serán necesarias como mínimo 6 personas para formar cada grupo, con un máximo de entre 16 e 20 integrantes para cada un.
As clases se impartirán os martes e xoves e serán de 45 minutos de duración para os nenos e nenas, e de 1 hora para os adultos.
Desde o martes 13 de maio está aberto o prazo de inscrición no Conservatorio municipal.