«O Barco no verán é cultura»

Publicidad

O Concello presentou o programa de actividades, cine e música para disfrutar dos próximos tres meses na vila

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, acompañada do alcalde do Barco, Alfredo García e do presidente do cineclube Groucho Marx, José María Rodríguez, presentou esta mañá a programación cultural dos próximos tres meses baixo o título «O Barco no verán é cultura».

O programa empeza hoxe ca inauguración na igrexa de Éntoma do XI Ciclo De Perto cunha actuación do Grupo Conservatorio. O xoves 29, as 22,45 horas, será tamén a primeira sesión do cine ao aire libre ca proxección «Lunana, un yak en la escuela», na Praza Maior.

Nas Noites de Cine hai 11 títulos e unha película será do Ciclo Mestre Mateo en galego, «Live is Life», que proxectarase o xoves 6 de xullo as 22,45 na Praza Maior.

Publicidad

O XI Ciclo de Perto leva a mesma dinámica que outros anos, «levar a cultura a otros espazos, sacala das salas e teatros», e haberá catro ubicacións, os xardíns da Casa Grande de Viloira e as igrexas de Santa Marta de Vilanova, San Xoán de Éntoma e a na Torre do Castro. «Hai un pouquiño de todo, narración oral, música e contacontos», dixo Margarida Pizcueta, suliñando que «é un cartel interesante que ten moito onde elixir. Queremos que o público asista porque sin público as actividades non teñen sentido», concluiu.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García, dixo que «é un programa completísimo, con actividades para todos os públicos. Abrimos todos os espazos á cultura. O programa nos convirte nunha vila de primeira categoría no eido cultural».